Gústache darlle unha segunda vida aos obxectos? Podes botarlle un ollo a este taboleiro de pinterest.
Globe at Night
Gústache a astronomía? Queres participar na campaña mundial Globe at Night?
Vén ao taller o xoves día 5 durante o segundo recreo!!!
II Concurso da Ciencia en Galego
Este ano xogamos con mazás e unidades de medida galegas nunha actividade na que todo o instituto estivo representado. Grazas a todxs por participar e un agradecemento especial para Modesto pola foto do cartaz e a reportaxe que realizou do evento.
Os gañadores, as clases de 2ºC e 4ºA. Desfrutade da merendola!!!
Insignia de Reciclaxe
Na materia de Tecnoloxías de 2º da ESO comprometémonos coa reutilización de recursos.
Trae o teu material de refugallo, acumula puntos e gaña a insignia de Reciclaxe.
Papel solar
O pasado curso desfrutamos de numerosas mostras dos traballos realizados polo alumnado en clase de Plástica. Chamoume moito a atención a exposición de raiogramas realizada durante o primeiro trimestre. Diferentes obxectos situados sobre un medio fotosensible bloquean o paso á luz e permiten obter composións preciosas despois dun revelado.
Un día, mentres revisaba a tenda Grand Illusions por n-ésima vez, atopei un papel fotosensible que pode revelarse empregando soamente auga do grifo. Así de simple! Déixovos a primeira proba que fixen con este papel solar.
Impresión 3D con botellas
Nos próximos meses veremos unha nova impresora 3D que permite utilizar botellas de plástico baleiras como material de impresión. Imaxina poder fabricar unha carcasa para o móbil coa botella do refresco que acabas de beber!
Fai clic aquí se queres ler a noticia completa.
Astronomía en Edmodo
Acabo de crear un grupo de Astronomía en Edmodo. Aí daremos aviso de eventos, colgaremos fotos e en xeral, compartiremos información.
Queres unirte? O código de acceso é bdss72

Ensaio de resistencia
Os grupos de 2º de ESO traballaron a unidade de estruturas na segunda avaliación. Para poñer en práctica os contidos aprendidos durante a unidade, construímos estruturas realizadas integramente con papel. Nesta última semana puxemos a proba a súa resistencia.
Deixo aquí un vídeo de mostra correspondente ao primeiro ensaio de resistencia de 2ºA.
Estruturas de papel
O alumnado de 2ºA e 2ºB ten o desafío de construír estruturas trianguladas reutilizando o papel inservible da fotocopiadora. Este modelo foi revisado entre todos e cremos que soportará o peso dunha persoa unha vez rematado. Que pensas ti? Probarémolo pronto…
Como adianto, unhas fotos dos proxectos de 2ºB.


