O mundo á noite: pon o teu punto no mapa

Un ano máis está en marcha Globe at Night, un proxecto colaborativo sobre contaminación lumínica a nivel mundial. Participar é moi sinxelo. Observa a constelación de Orión a simple vista e compara as túas observacións cos mapas estelares que atoparás nesta páxina.

globe_at_night

Esta primeira fase estará aberta ate o 12 de Xaneiro (avisarei das seguintes). Pon o teu punto no mapa!!!

mapa

Globe at Night en galego

O Mundo á Noite, a última fase da campaña de Globe at Night xa está en marcha e durará ate o 20 de Abril. Só tes que obervar a constelación de Leo a simple vista e comparar as túas observacións cos mapas estelares que atoparás na web desta iniciativa (este ano, por primeira vez en galego!): O Mundo á Noite.

Anímate a participar, pon o teu punto no mapa!

Minipunto limpo

As lámpadas de baixo consumo conteñen vapor de mercurio no seu interior. Este metal dá lugar a substancias altamente tóxicas e bioacumulables que se incorporan con facilidade á cadea alimenticia. Se unha lámpada de baixo consumo deixa de funcionar, non a tires ao lixo, deposítaa nun minipunto limpo.

Nestes lugares de recollida tamén podes desfacerte de CD e DVD, cartuchos de impresora, aparellos eléctricos e electrónicos, teléfonos móbiles, pilas e baterías de móbil.

Queres saber máis?

mini_punto_limpo

Avenida de Fisterra, Arteixo

V Exposición-concurso de Proxectos de Tecnoloxía

Hoxe celebramos a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no taller 1 do instituto. O xurado formado por Dennise Iglesias, Alexia Anido, Brahim El Ghotiss, Natalia Rodríguez e Eva Sanz seleccionou os seguintes proxectos como gañadores das diferentes categorías:

  • 2º da ESO: ponte levadiza de Juan Carlos, Jesús, Martín e Gregorio
  • 3º da ESO: coche cabledirixido de Ismael, Adrián, Sara e Rocío
  • 4º da ESO: ascensor con display de Sara, Paula, Reynaldo e María

Parabéns a tod@s @s alumn@s de tecnoloxía no nome das profesoras do departamento!!!!!!

Primeiro vídeo do lanzamento de foguetes de auga!!!

Unha pequena mostra (tede paciencia e haberá máis) da xornada de foguetes de auga que tivemos esta mañá. Trátase do lanzamento do foguete construído polos alumnos de 4ºD. As dúas gravacións correspóndense con dúas cámaras, unha na base de lanzamento e outra situada para rexistrar a traxectoria completa do foguete. Un traballo estupendo. Parabéns a tod@s!!!

E o día dos lanzamentos é…

Ao longo da clase de hoxe de hoxe rematamos os foguetes e dispuxemos todo para o día dos lanzamentos. Inicialmente pensamos no luns, pero as dúas horas de clase quedan partidas polo recreo. O martes as dúas horas son seguidas pero son as dúas primeiras da mañá e todavía non hai luz suficiente para realizar gravacións de calidade. Que tal o mércores? É o día perfecto pero teremos o tempo do noso lado? Consultado o servizo de meteogalicia, o pronóstico é bo, polo que quedamos para o mércores!!!

meteogalicia

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos