Vibrobots de 3ºBC

E un par de vídeos dos vibrobots de 3ºBC…

Vibrobots de 3ºA

Os alumnos de 3ºA xa fixeron os seus vibrobots. Aquí temos tres vídeos do funcionamento dos bichos. Mañán é o turno dos de 3ºBC.

3º ESO: Vibrobot

Nesta semana construiremos vibrobots no taller. Podedes ir botándolle un ollo a este vídeo que xa vimos en clase antes das vacacións. O cuestionario deste miniproxecto pode descargarse na sección 3ª AVALIACIÓN.

1, 2, 3, 4, 5…

coche

Que vos parece o despezamento do Hyundai Genesis 2010? O envío é de Suso, colaborador deste blog e para ver acceder á ligazón onde se publica esta foto e un post moi interesante, soamente tedes que facer clic nela.

Bicicleta plegable

A través de ALT1040 souben da existencia desta bicicleta plegable que todavía non está comercializada. Sen dúbida un artiluxio ben interesante para os que gostan de usar a bici nas cidades, viaxan ou teñen pouco espazo na casa.

Para ir abrindo boca

Como xa comentei, ao longo dos próximos días farei un post coas fotos da IV Exposición-Concurso que celebramos o luns 22 de Xuño no IES de Pastoriza. Mentres, déixovos cun vídeo que colgou o noso compañeiro de Santiago Jorge Gómez acerca da mostra de proxectos realizada o día 12 de Xuño no Toural. Así poderedes ver o ben que traballan tamén outr@s chic@s de toda Galiza

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos