
Vía no puedo creer.
Electricidade a partir de radiación solar
¿Pódese construír un captador solar con botellas de plástico?
Aproveito tamén para animarvos a que me enviedes as vosas recomendacións ou colaboracións para o blog.
As 24 horas de Le Mans para vehículos ecolóxicos
Volvendo ao que nos interesa neste momento, en xullo deste ano terá lugar a primeira carreira de coches ecolóxicos, construídos a pequena ou gran escala, pero dispostos á venta no mercado. É dicir, non se trata de prototipos, senón de vehículos preparados para circular polas estradas. Xa se sabe que a carreira se disputará en varias categorías, con coches eléctricos, híbridos, de hidróxeno, de gas natural e de biocarburantes. O obxectivo, polo de agora, non é tanto a velocidade, como demostrar que as tecnoloxías limpas, como a do Venturi Astrolab solar que presentamos na foto, son viables hoxe en día.
E dicimos polo de agora, porque algo se está movendo na carreira francesa de resistencia. Se hai uns anos os vehículos diesel revolucionaron a resistencia ó copar as primeiras prazas cos Audi TDI, Peugeot aposta máis forte aínda presentando o seu 908 híbrido diesel para correr na carreira absoluta das 24 horas de Le Mans 2009. O prototipo xa está a punto, pero mantense o suspense sobre a súa presentación oficial. Anunciárase a súa participación para os 1000 quilómetros de Shanghai no pasado mes de novembro, pero a suspensión desta carreira obrigou ós aficionados a armarse de paciencia para demostrar dunha vez por todas que o gusto polos automóbiles rima perfectamente co respecto polo medio ambiente e o consumo racional de enerxía.
O Congo na mochila
– Pregunta: Onde está a República Democrática do Congo?
– Resposta: en África central.
– Pregunta: Enumera polo menos tres instrumentos electrónicos co cualificativo de “tic”.
– Resposta: Teléfono Móbil, GPS e ordenador con sistema wifi.
– Pregunta: Que ten que ver a República Democrática do Congo cos “aparatos” anteriormente mencionados?
– Resposta: O coltán.
– Que é o coltán?
– Resposta: É unha contracción de dous minerais, a columbita e a tantalita. O coltán é fundamental para o desenvolvemento da telefonía móbil, a fabricación de ordenadores, a PlayStation, os mísiles chamados intelixentes, incluso para os implantes de órganos.
Os milagres do coltán débense ás súas particularidades. É capaz de soportar temperaturas moi elevadas. Almacena carga eléctrica temporal e libéraa cando é necesario. É altamente resistente á corrosión.
– Pregunta: Onde se atopan os maiores xacementos do mundo de coltán?
– Resposta: O 80% das reservas están na rexión de Kivu e Itari, ao leste da República Democrática do Congo (ver mapa).
Esta é unha das zonas máis violentas do mundo. A loita de cinco grupos armados apoiados por países veciños como Ruanda, Uganda e Burundi polo control do coltán, provocaron o desprazamento dunhas 250.000 persoas o pasado mes de outubro. En total hai polo menos -segundo Amnistía Internacional- 1,2 millóns de persoas desprazadas en Kivu Norte. É incalculable o número de mulleres e nenas que teñen sufrido violencia sexual.
Algunhas cifras máis que nos axuden a situar a catástrofe humanitaria que vive O Congo:
- Cinco millóns de persoas mortas dende 1998.
- 30.000 nenos e nenas recrutados polas diferentes forzas armadas ao longo destes dez anos. Estímase que aínda hai entre 3.000 e 7.000 menores soldados e esta cifra podería estar aumentando (datos de Amnistía Internacional).
– Última pregunta: Mira o teu móbil, ou o teu ordenador, ou o teu videoxogo… que pensas?








