Chromebooks no cole

Un chromebook é un ordenador que usa Chrome OS como sistema operativo. Dende a súa presentación en 2011 apareceron no mercado diferentes modelos de Samsung, Acer, Toshiba ou HP entre outros.

Algunhas das súas características:

  • Arrancan en poucos segundos.
  • O software instálase dende a Google Chrome Store e as actualizacións son automáticas.
  • Incorporan todas as utilidades Google.
  • Non precisa antivirus.
  • Non precisa alta capacidade de almacenaxe interna.
  • Boa conectividade, wifi e/ou 3G.
  • Moita autonomía (5, 6,… 8 horas!).
  • Bo prezo.

fan destes dispositivos duros competidores dos iPads en contornos educativos.

Máis en xataka.

Como acceder a un blog

Podemos acceder a un blog de dúas formas:
  • Como usuario: poderemos deixar comentarios se o autor ten activada esta opción pero non poderemos facer ningunha outra modificación. Para acceder como usuario soamente hai que teclear a dirección do blog (por exemplo, http://tecnoloxia.blogspot.com).
  • Como administrador: poderemos colgar artigos, dar permisos de acceso e en xeral, facer todo tipo de modificacións no formato do blog (por exemplo, engadir enlaces, cambiar o título, inserir imaxes,…).

¿Como acceder como administrador?Entramos na páxina principal de blogger:http://www.blogger.com/start e cubrimos os campos que aparecen na parte superior dereita da ventá:

  • Nombre de usuario: nome co que estades rexistrados en blogger.
  • Contraseña: contrasinal escollido ao dar de alta o blog.

NOTA: non confundades estes campos cos da conta de correo electrónico, onde tamén hai un nome de usuario e un contrasinal.

A continuación, facemos clic en REGISTRARSE.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos