Nos próximos días seguiremos traballando no xogo de plataformas. Deixo aquí a páxina dos videotitoriais de consulta.
Comunidade GM
Gústache GameMaker? Na súa comunidade poderás atopar manuais, trucos, videotitoriais, discusións,…

Xogo de plataformas con GameMaker
Comezamos un xogo de plataformas con GameMaker. Podes seguir este videotitorial para os primeiros pasos.
Informática: melloras en Arkanoid
Incorpora as seguintes melloras no teu xogo:
- Emprega a acción Set score para poñer un marcador. Os ladrillos da capa superior teñen un valor de 1 punto e os da capa inferior, 2 puntos.
- Se a bola cae da plataforma, o xogo comprobará o marcador. Se hai como mínimo 30 puntos, restará 30 puntos e restaurará a habitación (non o xogo!). Se no marcador hai menos de 30 puntos, remata a partida coa mensaxe “Perdiches”.
- Ao rematar a partida, debe aparecer a táboa das mellores puntuacións.
Informática: Arkanoid
Crea un videoxogo tipo arkanoid cos seguintes requisitos:
- Cada ladrillo cambia de sprite coa primeira colisión e desaparece tras a segunda.
- A plataforma pode moverse á esquerda e á dereita mediante os cursores.
- Cando a bola impacta cun ladrillo, escóitase un son.
- Se a bola toca o borde inferior da pantalla, pérdese a partida pero unha mensaxe dá a oportunidade de xogar de novo.
- Se todos os ladrillos son destruídos, aparece unha mensaxe que lle indica ao xogador que gañou.
Xogo de GameMaker: data de entrega
O día acordado para entregar os xogos de GameMaker era o 19 de Febreiro pero a folga, a celebración do entroido o venres e a charla sobre riscos en internet á que asistirán os alumnos de 4ºA e D o venres 15 de Febreiro fan que a situación sexa a seguinte:
- 4ºACD: o martes día 19 de Febreiro falaremos dunha nova data de entrega pois todavía se completan as 4 sesións mínimas o día 20 de Febreiro.
- 4ºB: completa as 4 sesións mínimas asignadas o día 18 de Febreiro polo que sería posible manter a data inicial proposta. Con todo, podemos comentalo o luns día 18 de Febreiro en clase e se é preciso fixar unha nova data (xa que sempre falamos dun mínimo de 4 sesións con posibilidade de usar a aula de informática nos recreos e iso pola miña parte non sería posible ate o martes día 19 de Febreiro).
Unha axudiña
Podes preguntarme as dúbidas que teñas durante o deseño e realización do teu xogo con GameMaker e tamén consultar este completísimo manual.
Deseña e realiza o teu xogo con GameMaker
Utiliza GameMaker para crear un xogo coas seguintes especificacións:
- O xogo comeza cunha ventá que indica o nome do xogo e as instrucións para xogar.
- Un dos sprites será un triángulo azul creado por ti no editor.
- Debe incluír como mínimo un son.
- Pode ter ate dúas habitacións.
- Ningunha das accións pode provocar erros (ollo co paso de habitación!!!).
- Ao rematar o xogo debe preguntar se se quere xogar de novo ou saír.
Tes ate o martes 19 de Febreiro para entregarme o executable: nome_nome.exe
Xogo creado por Manuel Tato no curso 2011-12
Xogo con GameMaker
Chegou o momento de crear un xogo. Faino coas seguintes especificacións:
- O protagonista é un boneco que pode moverse arriba, abaixo, esquerda e dereita.
- Debe recoller 10 fresas dentro dun recinto pechado.
- Logo de recoller as 10 fresas aparece unha chave e o xogo remata cando a colle.
- Non pode atravesar as paredes do muro.
- Non pode saír do recinto polo lugar que empregou para entrar. Se tenta facelo, pregúntaselle ao xogador se quere xogar de novo.
- A chave non pode verse ate que recolla as 10 fresas.
- A chave non pode collerse ate que recolla as 10 fresas.
- O xogo comeza cunha ventá informativa.




