Material para a realización do exame de recuperación de Gimp.
Gimp X: Ensaio de exame
Obtén este resultado a partir das imaxes proporcionadas. Instrucións:
- O resultado final debe ter catro capas: orixinal (imaxe do televisor sen retocar), borrada (imaxe do televisor coa pantalla borrada), cara (imaxe da cara co cambio de tamaño e de cor de ollos), texto (texto Smart TV).
- O resultado final debe ser visible sen ocultar capas.
- Trata de obter un resultado o máis parecido posible ao modelo.
- Garda o resultado como apelido_nome.xcf e súbeo a EdModo dentro da entrada correspondente.
Gimp VIII: Perspectiva
Emprega estas dúas imaxes
para realizar a seguinte montaxe na que deberás empregar as ferramentas que xa coñeces e ademais, a ferramenta de perspectiva en dirección normal. Ao final deberás ter 3 capas: unha coa montaxe final (nome resultado), unha co libro borrado (nome libro) e unha coa imaxe do libro orixinal (nome orixinal). Garda o exercicio como apelido_nome.xcf
Gimp VII: Exercicio tipo exame
Emprega estas imaxes
para facer a seguinte composición. Na captura de pantalla tamén collín a ventá de capas para que vexas que o nome asignado a cada capa. Podes empregar as seguintes ferramentas: emborronado, recheo, recolle-cor, escalado, mover e as diferentes formas de selección. Pregúntame as túas dúbidas.
Gimp VI: Dar cor
Abre esta imaxe en Gimp, duplica a capa e selecciona a chaqueta empregando o zoom (podes utilizar a máscara rápida).
Vai a Cores-Dar cor e xoga co tono, a saturación e a luminosidade para conseguir un resultado similar
Para dar cor a unha imaxe en branco e negro, debe ser unha imaxe RGB desaturada. Podes partir dunha imaxe a cor e no menú Cores, escoller a opción Desaturar.
Gimp V: Filtros
Abre esta imaxe con Gimp

duplícaa e aplica as ferramentas necesarias para obter

Gimp IV: Gif animado
Emprega Gimp para realizar un gif animado co único requisito de que o teu nome apareza na imaxe (estático ou en movemento). Publica o resultado no teu blog.

Gimp III: Recoller cor
Fai desaparecer a Ferb desta imaxe. Lembra duplicar a capa orixinal antes!












