Abre o procesador de textos e emprega os estilos para realizar este exercicio. Antes terás que ver o videotitorial.
Última práctica!
Escolle unha aplicación e elabora unha montaxe (arredor de dous minutos) con imaxes, música e texto que recolla o teu paso polo instituto: clases, actividades, excursións, festas, profesores, compañeiros, a radio, a biblioteca, a cafetería, o patio, os deportes,…
Non a subas ao blog, proxectarémolas todas en clase de informática 🙂
Photo credit: DuBoix from morguefile.com
Writer 02: Imaxes
Descarga esta imaxe, consulta o videotitorial para inserila nun documento de Writer e modifica as súas dimensións para que teña unha anchura de 5 cm (sen deformarse!). A continuación, describe o que ves na imaxe e fai que esta se sitúe pegada á marxe esquerda do documento rodeada polo texto.
Redes
A que facemos referencia cando falamos da topoloxía dunha rede?
Busca información para responder esta pregunta e dá tres exemplos (con imaxes) de diferentes topoloxías.
Photo credit: jeltovski from morguefile.com
Procesador de texto: táboas
Consulta o videotitorial para realizar o teu horario de clase de acordo co seguinte modelo. Cada asignatura aparecerá cunha cor diferente.
Tecnoloxía e sociedade: traballo por parellas
Cada parella debe realizar unha exposición de 5 minutos de duración (como mínimo) sobre o invento que lle corresponda no sorteo que realizaremos en clase. Emprega o formato que desexes: presentación, póster, vídeo,… e se queres, trae obxectos para mostrar durante a exposición.
Información que debe conter o traballo:
- Data de invención (o máis aproximada posible)
- Nome do inventor (a autoría pode non estar clara ou ser compartida) e unha breve biografía
- Utilidade do invento e como funciona
- Antecedentes do invento (que se empregaba antes de existir)
- Impacto do invento (como modificou a vida das persoas a súa utilización)
- Evolución do invento (dende a súa creación até os nosos días)
- Como imaxinades a vida actual sen ese invento
Photo credit: mconnors from morguefile.com
A seguridade en internet
Consulta o vídeo e as ligazóns sobre virus, antivirus e cortalumes para realizar o teu propio vídeo (como máximo 2 minutos de duración) sobre seguridade en internet. Emprega o teu móbil (avísame antes) para crear un vídeo similar ao de mostra e non te preocupes polo audio (lembra que podemos eliminalo logo de subir o vídeo a YouTube).
Photo credit: wintersixfour from morguefile.com
Draw (III)
Realiza o exercicio proposto coa axuda do seguinte videotitorial. Avísame cando remates.
Proxectos de 4º
Os proxectos de 4º de ESO puxéronse en marcha hai semanas. Cada grupo deseña o seu prototipo e se responsabiliza do deseño, construción e programación, pois todos eles funcionan controlados por un PICAXE. Este ano teremos ascensores, microondas, unha caixa de música, pasos a nivel, habitacións domóticas,… Proximamente, as primeiras fotos!
Photo credit: mconnors from morguefile.com
