GoAnimate 2

Se xa remataches a práctica anterior, tócache crear unha historia de amor. Escolle escenario, personaxes e cumpre os requisitos:

  1. A historia debe ser coherente
  2. Como mínimo debe ter dous personaxes
  3. Debe incluír un mínimo de seis escenas con voz (tamén pode incluír escenas sen voz a maiores)
  4. Debe incluír música de fondo en todas ou algunha das escenas
  5. Debe incluír como mínimo un obxecto que un dos personaxes debe soster na man nalgunha escena
  6. Debe incluír como mínimo un efecto
  7. Cando remates, incrusta o GoAnimate no teu blog e ponlle como título GoAnimate 2

Lembra que un vídeo gardado pode ser editado de novo!!!

Prácticas con GoAnimate

Realiza a túa primeira práctica con GoAnimate. A acción debe suceder nunha illa pero ti escolles personaxes, música, historia (ben fiada!), obxectos,… Gárdaa e publícaa no teu blog co título GoAnimate 1. Lembra que unha vez gardada, podes editar e modificar outro día.

Muller e ciencia

Práceme enormemente mostravos a marabillosa exposición preparada por Loli Blanco, xefa do departamento de Física e Química e que estes días dá a benvida na entrada do instituto. Non a perdas!!!

SAMSUNG

Os metais

Tedes que constituír 5 grupos dentro da clase. Cada un dos grupos buscará información e elaborará un traballo sobre un metal en particular (realizarei a asignación por sorteo). Finalmente, os membros do grupo realizarán a exposición do seu traballo para toda a clase empregando o formato que escollan. Unha pequena axuda.

Contido do traballo:

  1. Nome do metal
  2. A partir de que mineral/minerais se obtén e mediante que proceso
  3. Cales son as propiedades específicas do metal
  4. Cales son as principais aplicacións (imaxes)
  5. Cales son as aliaxes ás que dá lugar.


Photo credit: kittyela from morguefile.com

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos