Mañá comeza outra campaña de Globe at Night. Olla o ceo e sube os teus datos. Anímate a participar!
O ordenador e os periféricos: exame
Fai clic aquí para acceder ao exame. Rexístrate como apelido_nome (minúsculas sen acentuar).
Photo credit: mconnors from morguefile.com
Edición de audio: programa de radio con Spreaker
Emprega Spreaker para crear un programa de radio cos seguintes requisitos:
Photo credit: pjhudson from morguefile.com
- Debe ter unha duración de entre 5 e 6 minutos
- Debe incluír como mínimo unha canción (ollo coas licenzas!!!)
- Debe incluír como mínimo dous efectos
- Debe incluír voz
- a vosa voz
- xerada cun sistetizador de voz como VozMe
- A temática é libre: programa de deportes, anuncio, entrevista, novas, programa de música, capítulo dunha serie de terror, programa de humor novas do instituto,… ti elixes pero o resultado debe ter un fío argumental e incluír a palabra XALUNDES.
- Cando remates, incrusta o podcast no teu blog de aula (pídeme axuda).
Edición de audio
Este curso traballaremos a edición de audio coa aplicación online Spreaker.
Control programado
Fai clic aquí para acceder á unidade de control programado.
Reflexións sobre o MUNCYT
Hai poucas semanas que visitei o MUNCYT de Coruña por primeira vez acompañando a un grupo de alumnxs de 4º de ESO nunha actividade organizada conxuntamente polos departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química e Tecnoloxía. Onte volvín de novo e nesta ocasión fíxeno coa familia.
Visitar os lugares por segunda vez proporciona a oportunidade de prestar máis atención a aquelas cousas que pasaron desapercibidas na primeira visita e incluso permite dispor do tempo necesario entre unha e outra para reflexionar.
Gústame o edificio do MUNCYT. A sensación de amplitude e a separación entre os diferentes espazos fan do museo un lugar acolledor e desfogado. Desfrutei con moitas das pezas alí expostas: as lentes de Fresnel do faro, a máquina Enigma ou o precioso proxector do Cine París (cantos recordos) xa están gardados na miña caixa de tesouros en forma de fotos.
Con todo, nesta segunda vez fun máis consciente de todo o que falta. Parece inexplicable que non existan pequenas exposicións adicadas, por exemplo, á evolución da telefonía ou dos soportes de almacenaxe da información. Pequenas liñas temporais que permitan a aqueles que non foron usuarios, saber que houbo un tempo no que os teléfonos non se levaban no bolso ou no que as aplicacións podían instalarse introducindo, un tras outro, dez disquetes de 3 1/2.
A evolución de obxectos tecnolóxicos relacionados con actividades básicas como a agricultura ou a pesca tampouco está recollida (salvo a excepción da completa colección de martelos) e poderían ser temas interesantes para encher todo o espazo que aínda está dispoñible nas paredes e nas salas do MUNCYT.
Como curiosidade non quedo coa visita ao interior do 747 senón coas máquinas de escribir das que meus fillos quedaron prendados. Os tres saíron do museo cun papel escrito por eles que pertence xa a súa caixa de tesouros.
Visita moi recomendable.
Xogo de GameMaker: data de entrega
O día acordado para entregar os xogos de GameMaker era o 19 de Febreiro pero a folga, a celebración do entroido o venres e a charla sobre riscos en internet á que asistirán os alumnos de 4ºA e D o venres 15 de Febreiro fan que a situación sexa a seguinte:
- 4ºACD: o martes día 19 de Febreiro falaremos dunha nova data de entrega pois todavía se completan as 4 sesións mínimas o día 20 de Febreiro.
- 4ºB: completa as 4 sesións mínimas asignadas o día 18 de Febreiro polo que sería posible manter a data inicial proposta. Con todo, podemos comentalo o luns día 18 de Febreiro en clase e se é preciso fixar unha nova data (xa que sempre falamos dun mínimo de 4 sesións con posibilidade de usar a aula de informática nos recreos e iso pola miña parte non sería posible ate o martes día 19 de Febreiro).
O ordenador e os periféricos (II)
Fai clic aquí para acceder á autoavaliación. Rexístrate como apelido_nome (minúsculas sen acentuar).
E se queres descargar a versión definitiva e rematada da unidade, fai clic aquí.
Photo credit: anendel from morguefile.com
Reciclar xoguetes
Envíame Marta, profesora do departamento de Lingua Galega e dinamizadora da biblioteca, unha páxina na que atoparedes ideas para reciclar xoguetes. Mil grazas, Marta!!!
Actualización
A unidade do ordenador, de 2º de ESO xa está rematada e lista para descargar. Só tes que facer clic aquí.



