Queres xogar a un clásico?

En Tecnoloxía de 2º estamos estudando o ordenador e en Informática de 4º deseñando e realizando xogos con GameMaker. Uns e outros deberiades botarlle un ollo ao Pong, considerado como un dos primeiros xogos de videoconsola. Fai clic aquí se queres xogar.

captura59

Deseña e realiza o teu xogo con GameMaker

Utiliza GameMaker para crear un xogo coas seguintes especificacións:

  1. O xogo comeza cunha ventá que indica o nome do xogo e as instrucións para xogar.
  2. Un dos sprites será un triángulo azul creado por ti no editor.
  3. Debe incluír como mínimo un son.
  4. Pode ter ate dúas habitacións.
  5. Ningunha das accións pode provocar erros (ollo co paso de habitación!!!).
  6. Ao rematar o xogo debe preguntar se se quere xogar de novo ou saír.

Tes ate o martes 19 de Febreiro para entregarme o executable: nome_nome.exe

captura24

Xogo creado por Manuel Tato no curso 2011-12

Xogo con GameMaker

Chegou o momento de crear un xogo. Faino coas seguintes especificacións:

  1. O protagonista é un boneco que pode moverse arriba, abaixo, esquerda e dereita.
  2. Debe recoller 10 fresas dentro dun recinto pechado.
  3. Logo de recoller as 10 fresas aparece unha chave e o xogo remata cando a colle.
  4. Non pode atravesar as paredes do muro.
  5. Non pode saír do recinto polo lugar que empregou para entrar. Se tenta facelo, pregúntaselle ao xogador se quere xogar de novo.
  6. A chave non pode verse ate que recolla as 10 fresas.
  7. A chave non pode collerse ate que recolla as 10 fresas.
  8. O xogo comeza cunha ventá informativa.

captura18

Pneumática e Electrónica Dixital

 Fai clic aquí para descargar a unidade de pneumática.

captura17

Lembra que o último día para entregar os exercicios de electrónica dixital é o venres 18 de Xaneiro. Mañá mércores, no primeiro recreo, estarei no taller 1 por se tes algunha dúbida.

Estruturas (I)

Fai clic aquí para acceder ao test. Debes rexistrarte como: apelido nome (todo en minúsculas e sen acentuar). Direiche o contrasinal en clase.

Se tes dúbidas podes consultar os contidos da unidade aquí.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos