O venres 7 de Outubro realizaremos o control de electricidade nos grupos de 4ºB e 4ºD. Traede calculadora.
Comezamos!
Na primeira práctica tes que crear unha conta de correo e un blog. Segue as instrucións e pregúntame todas as dúbidas que teñas:
- Crea unha conta de Hotmail coa seguinte estrutura: (é probable que teñas que engadir números despois do apelido por cuestións de dispoñibilidade)

nome.apelido@hotmail.com - Crea un blog de blogaliza coa seguinte estrutura: (é probable que teñas que engadir números despois do apelido por cuestións de dispoñibilidade)

http://nomeapelido.blogaliza.org - Envíame un mail dende a conta de correo que conteña a dirección do blog
Minipunto limpo
As lámpadas de baixo consumo conteñen vapor de mercurio no seu interior. Este metal dá lugar a substancias altamente tóxicas e bioacumulables que se incorporan con facilidade á cadea alimenticia. Se unha lámpada de baixo consumo deixa de funcionar, non a tires ao lixo, deposítaa nun minipunto limpo.
Nestes lugares de recollida tamén podes desfacerte de CD e DVD, cartuchos de impresora, aparellos eléctricos e electrónicos, teléfonos móbiles, pilas e baterías de móbil.
Queres saber máis?
Avenida de Fisterra, Arteixo
Tomando medidas XII: culleradiña
Photo credit: inarizoo from morguefile.com
Resulta moi conveniente ter a man obxectos que nos proporcionen unha referencia en ausencia de instrumentos de medida. Así, a nosa cuarta ou a amplitude dun paso poden sacarnos dalgún apuro para realizar estimacións. Con todo, resúltame sorprendente que as doses dun xarope con vaso dosificador, veñan indicadas no prospecto en culleradiñas. Por certo, unha culleradiña equivale aproximadamente a 5 ml 🙂

Un libro para o verán
Veño de ler en amazings unha entrada acerca de Kim Peek (a referencia de Dustin Hoffman para protagonizar Rain Man) e Daniel Tammet. Este último publicou a súa biografía en 2006 e con ela achéganos ao mundo das persoas afectadas pola síndrome de Asperger. Lectura moi recomendable.
A Lúa vista por Many
Non vos perdades as fotos da Lúa no blog de Many!!!
Suxeitalibros de 2ºC
@s alumn@s de 2ºC recibiron unha encarga da biblioteca: deseñar e construír suxeitalibros para os diferentes andeis. Desenvolver proxectos como casos prácticos permite establecer conexións entre os contidos teóricos e prácticos aprendidos e o mundo real.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Exame de acceso libre a FP de GM
Mañá celébranse as probas de acceso libre para ciclos de FP de GM. Os mellores desexos para @s nos@s chic@s!!! Tal e como quedamos, o próximo xoves ás 11:30 correxiremos o exame xuntos no taller 1.
Photo credit: grietgriet from morguefile.com






