Seguimos practicando con Gimp. Serás quen de quitarlle as arrugas a Brad e mesmo branquearlle os dentes? Proba coa ferramenta de saneado e xoga coa saturación.
Gimp VIII: Perspectiva
Emprega estas dúas imaxes
para realizar a seguinte montaxe na que deberás empregar as ferramentas que xa coñeces e ademais, a ferramenta de perspectiva en dirección normal. Ao final deberás ter 3 capas: unha coa montaxe final (nome resultado), unha co libro borrado (nome libro) e unha coa imaxe do libro orixinal (nome orixinal). Garda o exercicio como apelido_nome.xcf
Códigos QR
Non é a primeira vez que falo de códigos QR neste blog. Que che parece levar unha camiseta con imaxe ou mensaxe codificada en QR? Podes ler acerca deste e outros usos na seguinte ligazón pero terás que aceder a ela instalando un lector de códigos QR no teu smartphone 🙂

Gimp VII: Exercicio tipo exame
Emprega estas imaxes
para facer a seguinte composición. Na captura de pantalla tamén collín a ventá de capas para que vexas que o nome asignado a cada capa. Podes empregar as seguintes ferramentas: emborronado, recheo, recolle-cor, escalado, mover e as diferentes formas de selección. Pregúntame as túas dúbidas.
Gimp VI: Dar cor
Abre esta imaxe en Gimp, duplica a capa e selecciona a chaqueta empregando o zoom (podes utilizar a máscara rápida).
Vai a Cores-Dar cor e xoga co tono, a saturación e a luminosidade para conseguir un resultado similar
Para dar cor a unha imaxe en branco e negro, debe ser unha imaxe RGB desaturada. Podes partir dunha imaxe a cor e no menú Cores, escoller a opción Desaturar.
Gimp V: Filtros
Abre esta imaxe con Gimp

duplícaa e aplica as ferramentas necesarias para obter

Actualización da unidade de mecanismos
Actualización da unidade de mecanismos. Fai clic aquí para descargar.

Mecanismos de transformación
Fai clic aquí para acceder ao test. Rexístrate como
apelido nome (minúsculas, sen comas nin acentos)
Podes consultar as túas dúbidas nos apuntes da unidade. Fará media coa nota do exame da parte de mecanismos de transformación e máquinas térmicas que realizaremos.

Gimp IV: Gif animado
Emprega Gimp para realizar un gif animado co único requisito de que o teu nome apareza na imaxe (estático ou en movemento). Publica o resultado no teu blog.











![IMG_20131115_112516[1]](https://tmanceboblog.school.blog/wp-content/uploads/2019/08/e9797-img_20131115_1125161-e1384529590561.jpg?w=350&h=512)