Cada grupo deseñou e realizou un proxecto propio a partir de dous requisitos:
- incorporar, como mínimo, un mecanismo de transmisión ou de transformación do movemento
- axustar o deseño ás medidas das caixas onde gardamos os proxectos
O proxecto da imaxe é un muíño que incorpora un sistema de transmisión formado por dúas poleas conectadas por correa.
O movemento transmítese dende unha roda situada na fachada do muíño até o seu eixe de xiro. O teito pode retirarse para que o mecanismo sexa observable.
A maioría dos proxectos deseñados polos diferentes grupos estiveron baseados no mecanismo de transformación leva-seguidor, incorporando un único sistema ou varios.



