4º ESO: Instalacións na vivenda
Deixo unha recompilación de planos de vivendas para que o alumnado poida practicar o deseño das diferentes instalacións.
Novas melloras en Classroom
Por fin chega a Classroom a puntuación decimal na calificación de tarefas! E non o fai soa, senón que vén acompañada de dúas melloras máis: a posibilidade de amosar o código dunha clase para que todo o alumnado poida velo dende unha pantalla, e a moi esperada reorganización das clases no panel principal (até agora as clases quedaban ordenadas segundo foran creadas e non era posible realizar modificacións sen eliminar e crear de novo).
A plataforma evolucionou considerablemente dende a súa creación pero todavía ten pendente a introdución da gamificación por exemplo, coa incorporación de badges.
Lanterna de papel
A compañía xaponesa Nendo acaba de presentar un novo dispositivo de iluminación. Trátase dunha lanterna de papel na que é posible regular a intensidade de iluminación e a temperatura de cor, enrolando convenientemente unha folla que contén circuítos impresos en ambas caras.
O feito de enrolar o papel máis ou menos apertado, varía a lonxitude do camiño para cada LED, e con iso a resistencia. Así ao deixalo máis frouxo a lanterna iluminará con menos intensidade. Pola contra, se apertamos máis ao enrodelar, a iluminación terá maior intensidade.
A temperatura de cor depende de se os LED quedan cubertos ou non polo papel, proporcionando así dúas opcións, luz quente e luz fría.
Polo momento, só se comercializa en Xapón e o seu prezo está en torno aos 60 €.
De YouTube a mp3
Dende wwwhat’s new chega unha nova ferramenta para a conversión de vídeos de YouTube en arquivos mp3.
Pega a URL na caixa de ytbmp3.com ou busca directamente nela. Tamén permite a opción de descargar unha lista de reprodución completa.
Tomando medidas XIX: Acendida dende 1901
Sabes onde está a bombilla que leva máis tempo acendida? Atópase no parque de bombeiros de Livermore, en California, e está en funcionamento dende 1901. Podes vela en directo a través da súa páxina onde tamén atoparás datos de interese.

Operacións con pdf
Queres dividir un pdf, pasalo a outro formato, engadirlle unha marca de auga ou números de páxina? Estas e outras opcións en iLovePDF.
Black Menu for Google
Black Menu proporciona todos os servizos de Google a través dun único botón de Chrome. Esta recomendación chega a través de genbeta.
Sígueme en Pinterest
Fai clic aquí para acceder aos meus taboleiros de Pinterest.
Activar Flash en Chrome
Fas clic nun arquivo flash e descárgase na vez de abrirse? Tes desactivado Flash en Chrome.
Neste enlace tes os pasos para activalo.

