Na liña dos que pensamos que prohibir é renunciar a educar, déixovos dúas interesantes revisións a cargo de Jordi Martí (xarxatic) e Enrique Dans.
A tecnoloxía nas aulas
Interesante infografía publicada en The Flipped Classroom.
O móbil e os ritmos de sono
Non é a primeira vez que falamos de como a exposición á luz de determinadas lonxitudes de onda afecta á produción da melatonina e por tanto, aos nosos ritmos de sono.
Se usas o teu dispositivo móbil antes de durmir, faino empregando algún filtro (físico ou app) que bloquee a luz violeta-azul. Nesta ligazón atoparás algunhas propostas como Twilight
Globe at Night
Gústache a astronomía? Queres participar na campaña mundial Globe at Night?
Vén ao taller o xoves día 5 durante o segundo recreo!!!
Manifesto por unha rede neutral
- Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido.
- Que as empresas, emprendedores e usuarios de Internet puideron crear servizos e produtos nesa Rede Neutral sen necesidade de autorizacións nin acordos previos, dando lugar a unha barreira de entrada practicamente inexistente que permitiu a explosión creativa, de innovación e de servizos que define o estado da rede actual.
- Que os usuarios, emprendedores e empresas de Internet puideron definir e ofrecer os seus servizos en condicións de igualdade, levando o concepto da libre competencia até extremos nunca antes coñecidos.
- Que Internet é o vehículo de libre expresión, libre información e desenrolo social máis importante co que contan os cidadáns e empresas. A súa natureza non debe ser posta en risco baixo ningún concepto.
- Que para posibilitar esa Rede Neutral as operadoras deben transportar paquetes de datos de maneira neutral, sen erixirse en “aduaneiros” do tráfico e sen favorecer ou prexudicar a uns contidos por riba doutros.
- Que a xestión do tráfico en situacións puntuais e excepcionais de saturación das redes debe acometerse de xeito transparente, de acordo a criterios homoxéneos de interese público e non discriminatorios nin comerciais.
- Que a dita restrición excepcional do tráfico por parte das operadoras non pode converterse nunha alternativa sostida á inversión de redes.
- Que a dita Rede Neutral se ve ameazada por operadoras interesadas en chegar a acordos comerciais polos que se privilexie ou degrade o contido segundo a súa relación comercial coa operadora.
- Que algúns operadores do mercado queren “redefinir” a Rede Neutral para manexala de acordo cos seus intereses, e esa pretensión debe ser evitada; a definición das regras fundamentais do funcionamento de Internet debe basearse no interese de quen a usan, non de quen as proven.
- Que a resposta ante esta ameaza para a rede non pode ser a inacción: non facer nada equivale a permitir que intereses privados poidan de facto levar a cabo prácticas que afectan ás liberdades fundamentais dos cidadáns e a capacidade das empresas para competir en igualdade de condicións.
- Que é preciso e urxente instar ao Goberno a protexer dun xeito claro e inequívoco a Rede Neutral, co fin de protexer o valor de Internet de cara ao desenrolo dunha economía máis produtiva, moderna, eficiente e libre de inxerencias e intromisións indebidas. Para iso é preciso que calquera moción que se aprobe vincule de xeito indisolúbel a definición de Rede Neutral no contido da futura lei que se promova, e non condicione a súa aplicación a cuestións que pouco teñen que ver con esta.
Google hoxe
Como estou sen portátil, seguro que son a última que viu o frontal de Google hoxe… Está xenial!!!
Edenorchicos: Seguridade
Museos da Ciencia e Planetarios
http://www.deciencias.net/centros/index.htm
Un par de enlaces para localizar as webs de museos da ciencia e planetarios de toda España.
