Emprega if… then goto para ler a entrada 3 e activa o zoador en función da lectura.
Photo credit: click from morguefile.com
Emprega if… then goto para ler a entrada 3 e activa o zoador en función da lectura.
Photo credit: click from morguefile.com
Segunda práctica de PICAXE na que tes que realizar a inversión de xiro dun motor de corrente contínua.
Photo credit: hyperlux from morguefile.com
Comezamos as prácticas de PICAXE programando un semáforo. Controla o funcionamento de tres LED a través do dispositivo.
Photo credit: kconnors from morguefile.com
@s alumn@s de 4ºA xa comezaron co deseño dos seus proxectos e tamén coas primeiras probas de concepto. Como novidade, este ano cada equipo documentará o seu traballo a través dun blog integramente escrito polos seus compoñentes. Nos diferentes blogs atoparedes o día a día dos proxectos, fotos, vídeos,… Para facilitar o seu seguimento, incluín un apartado coas ligazóns no menú principal.
Hoxe substituímos o final de carreira do pin de entrada por un LDR funcionando como interruptor. Así, o nivel de iluminación serviu para acender e apagar un zoador conectado a unha das saídas do PICAXE:
A práctica proposta para hoxe foi a seguinte: deseñar un circuíto e un programa que permitiran controlar a través de PICAXE o funcionamento dun display de 7 segmentos que debía conmutar entre 1 e 3 ao accionar un final de carreira. Todo un reto para o que todavía sobraron 10 minutos que nos permitiron gravar o funcionamento dos dispositivos. Un traballo estupendo!
Podedes ver outro vídeo máis na canle de YouTube.
PICAXE programado para controlar un zoador e un LED a través dunha entrada dixital. O final de carreira permite introducir información no dispositivo de maneira que activa o funcionamento dun ou doutro elemento.
@s aliumn@s de 4ºA realizaron hoxe en tempo récord un pequeno programa para controlar a inversión de xiro dun motor. A minipráctica consistía en facer que xirara durante 5s en sentido de avance para xirar a continuación no sentido contrario durante 8s. O cartón pegado no eixe do motor permite visualizar mellor o cambio de sentido (como indicador, non é moi elaborado, pero o tempo non dou para máis 🙂 )
Facede clic aquí para descargar as pizarras de PICAXE.
Photo credit: arundo from morguefile.com