Las pantallas interactivas, tendencia en las aulas | Educación 3.0.
Probas de acceso a ciclos
Está aberto o prazo para matricularse nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Podes contar comigo se precisas axuda para preparar a parte científico-técnica da proba. Non perdas a oportunidade e matricúlate!!!
Blog de Jorge Cao
Gustaríame referenciar un novo blog que funciona dende hai aproximadamente un mes. Trátase do espazo de Jorge Cao, profesor de Plástica en Pastoriza.
Nesta web recóllese o marabilloso traballo que dentro desta materia están a desenvolver xs alumnxs dos diferentes grupos. Ademais atoparás propostas moi interesantes en relación a contidos da área. Parabéns!!!

Estruturas con LEGO
Emprega LEGO e Chrome para construír as túas estruturas. Tamén podes utilizalo para traballar as vistas dun obxecto. Comparte as túas construcións e accede ás que compartiron outros usuarios en todo o mundo.
Actividades de electricidade
Traballa o tema de electricidade realizando estas actividades.
Programación
Se queres descargar a programación do departamento de tecnoloxía do IES de Pastoriza, fai clic aquí.
Photo credit: cohdra from morguefile.com
RaspberryPi
Seguro que lembras a RaspberryPi que vos mostrei o curso pasado. Este pequeno ordenador ten un reducido custo, unha cantidade inmensa de posibilidades de uso, un número de usuarios que medra rapidamente e dende Maio, unha revista online. Tamén podes visitar a Pi Store para descargar todo tipo de aplicacións.
Foguetes de auga: primeiro vídeo
Nos próximos días subirei o resto dos vídeos á canle de YouTube do blog. Mentres tanto, aquí vai o primeiro!





