Tomando medidas I: os manuais dos Jóvenes Castores

Seguro que moitos de vós lembraredes os manuais dos Jóvenes Castores, unha colección de libros inesquecible para todos os nados nos anos 60 e 70. Habíaos de temática xeral, onde podías aprender a arranxar un libro vello, agochar segredos con zumtarconie de limón ou escribir mensaxes indescifrables. Tamén había números especiais adicados a un único tema. Aí estaba o Manual de Patomas, de trucos de maxia, o da Abuela Pata, cunha chea de receitas de cociña e por suposto, o Manual de Tarconi, o especial adicado aos inventos.

Lembro un dos artigos que lin de pequena onde se afirmaba o útil que pode resultar coñecer determinadas medidas do teu corpo. Que distancia hai do pulso ao cóbado ou canto mide a nosa cuarta é información que nos pode sacar dun apuro para estimar o tamaño de obxectos nunha tenda, por exemplo.

jovenes castoresSempre me sorprendo cando lles pido aos meus alumnos que me digan canto mide un boli  dos que usan todos os días. A primeira resposta é un “non sei”. Eu tamén lles respondo sempre o mesmo, se estará máis perto de 5 cm ou de 80 cm 🙂

Un pode non ter instrumentos de medida para realizar unha medición precisa, pero ten que ser capaz de realizar estimacións co que ten a man, sen ir máis lonxe, coa súa man. A miña mide 18 cm de polgar a maimiño. E a túa?

Ah, lembrade tamén que un paso amplo dunha persoa de estatura media mide arredor de 1 m.

Taboleiro de anuncios

Con linoit podedes crear o voso propio taboleiro de anuncios no que poñer un post-it, colgar unha imaxe ou subir un vídeo. Se os demais poden facelo tamén ou soamente visitarvos é decisión vosa. Eu xa teño o meu, que polo momento está en construción pero nel atoparedes as datas dos exames de Setembro. Aparece no menú principal como Taboleiro de anuncios.

linoit

Visto en wwwhat’s new

Facendo balance en 5 parágrafos

engrenaxeEn menos de dúas semanas comezaremos o curso 2010-11 e este será o terceiro ano que impartirei o Ámbito Científico-Técnico nun grupo de PDC. O curso pasado pensei en colgar todo o material co que traballamos no Ámbito no Blog de Tecnoloxía pero non me sentía moi cómoda con esta opción, polo que decidín crear un novo blog no que tamén os alumnos do grupo eran editores. Foi unha experiencia xenial. Con todo, esta solución tampouco me fixo sentir moi cómoda porque non me resulta natural separar ciencia e tecnoloxía cando fóra do mundo académico camiñan diariamente da man. E nin vos imaxinades o esforzo que supón manter á vez dous blogs (esa foi a razón principal pola que desapareceu o curso pasado a sección da Aplicación da Semana).

Por outra banda está a constante actividade no noso instituto para a que sempre houbo un oco no Blog de Tecnoloxía. A pesar de que por fin temos páxina web, quero seguir contándovos cando vai ser o magosto ou se este ano teremos concurso de relatos no Samaín.

Por último hai unha razón de tipo persoal. Encántame ser profe de tecnoloxía (nunca saberedes o ben que o paso) pero hai ocasións nas que me apetecería escribir sobre temas non necesariamente relacionados coa docencia da tecnoloxía, e se non o fago é porque na parte de arriba do blog pon “Blog de Tecnoloxía”. Ben, durante o verán consigo esquecerme do título con máis facilidade 😀

A onde nos leva todo isto? A que quero manter o eixo do blog, que son os contidos de Tecnoloxía, pero tamén quero incluír de forma natural contidos relativos a todas as materias nas que imparta clase, como é o caso do Ámbito Científico-Técnico. Quero falar do que acontece por Pastoriza e tamén contarvos de vez en cando cousas que non teñan que ver con ningunha delas. A solución á que cheguei foi a un cambio de título para o blog que me proporcione a liberdade que busco, que conlevará tamén un cambio na URL.

Isto non vai suceder de hoxe para mañá (entre outras cousas porque todavía necesito ese título para o blog!). Avisareivos con tempo porque me encantaría que seguirades visitándonos. Estade atentos tamén os que nos seguides a través de lectores de feeds! E sobre todo, moitas grazas!!!

Os profes tamén facemos lista de bos propósitos

Todos, os profes tamén, comezamos o curso cunha lista de bos propósitos que agardamos acadar antes do mes de Xuño. Desde ilibrarian propóñennos algúns de tipo tecnolóxico:

checklist

  1. Crea un blog ou mellora o que tes.
  2. Crea unha wiki cos teus alumnos.
  3. Crea unha web.
  4. Crea vídeos sen mercar equipamento.
  5. Crea mapas para contar unha historia.
  6. Experimenta backchannelling na túa aula (por exemplo a través de Twitter).
  7. Únete a unha rede social para o teu desenvolvemento profesional.
  8. Usa un servizo online para gardar os teus marcadores.
  9. Ensina aos teus alumnos que existen máis formas de buscar información ademais de google.
  10. Ensina aos teus alumnos a facer podcast.
  11. Limpa a caixa de correo.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos