Fas clic nun arquivo flash e descárgase na vez de abrirse? Tes desactivado Flash en Chrome.
Neste enlace tes os pasos para activalo.
Fas clic nun arquivo flash e descárgase na vez de abrirse? Tes desactivado Flash en Chrome.
Neste enlace tes os pasos para activalo.
O curso pasado o meu centro tomou a decisión de comezar a traballar con chromebooks. Son equipos lixeiros en todos os sentidos, con autonomía suficiente para toda a xornada escolar e un prezo que ronda os 200 €. Fixémolo no marco de Google Education, contorno que empregamos dende o curso 2015-16.
A escolla dos chromebooks fai necesario o uso de aplicacións online, dentro ou fóra da chrome store. Precisamente na procura de aplicacións para debuxar, atopei Sketchpad.
Engade as túas imaxes soltándoas sobre a área de debuxo ou usa as da aplicación. Modifica todas as súas propiedades e fai trazados con todo tipo de pinceis. Usa os selos de Sketchpad ou crea os teus. E o mellor de todo, usa capas para organizar todos os elementos!
Non sempre é posible instalar aplicacións nos equipos para traballar contidos concretos, polo que está ben dispoñer de opcións online. Con Gears poderás experimentar con sistemas de transmisión de ate catro engrenaxes, coa posibilidade de modificar o número de dentes de cada roda e a velocidade. Ademais do modo de exploración, dispón de dúas seccións máis nas que o usuario debe responder preguntas acerca dos sistemas simulados en pantalla.
Fai unha proba. Busca imaxes co texto “xoguetes para nenos” (toys for boys) e “xoguetes para nenas “(toys for girls). Vehículos, ferramentas, xogos de construción, bonecos articulados, robots,… para eles, e casiñas, bonecas, cociñas, toucadores, carriños de bebé, kits de maquillaxe… para elas.
As profesoras que traballamos en Ciencia e Tecnoloxía temos unha dobre responsabilidade de cara ás nosas alumnas. Ademais de acompañalas na súa aprendizaxe, debemos facerlles chegar a mensaxe de que esas áreas que dende a primeira infancia semellan estar reservadas para os chicos, tamén nos pertencen a todas nós.
Deixo un vídeo (subtitulado) que me chegou a través doutra profe, a miña amiga Goretti:
Dende TheFlippedClassroom chega esta interesante guía de Google Classroom para estudantes en forma de infografía.
Convocadas as probas de acceso a FP de Grao Medio. Fai clic aquí para acceder a toda a información.
O número de xullo-decembro da Revista Galega do Ensino vén de publicar a primeira experiencia que realicei durante o curso 2014-15 baixo o modelo in-class flip .
Deixo a ligazón para a súa lectura.
Este vehículo todoterreo impulsado por whegs é un proxecto que pode realizarse en catro sesións. No vídeo podes ver un dos que fixo o alumnado de 3ºC + PMAR. Para acceder á idea orixinal, fai clic aquí.