Proxecto realizado por María, Sara, Paula e Reynaldo de 4ºA.
V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía
O xoves 23 de Xuño terá lugar a V Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza. Nesta ocasión, os proxectos poderán visitarse ao longo da mañá no taller 1. O xurado formado por profesores e alumn@s escollerá un gañador en cada unha das tres categorías: 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO.
Proxecto de Juan Carlos, Martín, Gregorio e Jesús de 2ºC
Suxeitalibros de 2ºC
@s alumn@s de 2ºC recibiron unha encarga da biblioteca: deseñar e construír suxeitalibros para os diferentes andeis. Desenvolver proxectos como casos prácticos permite establecer conexións entre os contidos teóricos e prácticos aprendidos e o mundo real.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Blogs dos proxectos de 4ºA
@s alumn@s de 4ºA xa comezaron co deseño dos seus proxectos e tamén coas primeiras probas de concepto. Como novidade, este ano cada equipo documentará o seu traballo a través dun blog integramente escrito polos seus compoñentes. Nos diferentes blogs atoparedes o día a día dos proxectos, fotos, vídeos,… Para facilitar o seu seguimento, incluín un apartado coas ligazóns no menú principal.
PICAXE: control dun zoador cun LDR
Hoxe substituímos o final de carreira do pin de entrada por un LDR funcionando como interruptor. Así, o nivel de iluminación serviu para acender e apagar un zoador conectado a unha das saídas do PICAXE:
Display de 7 segmentos controlado con PICAXE
A práctica proposta para hoxe foi a seguinte: deseñar un circuíto e un programa que permitiran controlar a través de PICAXE o funcionamento dun display de 7 segmentos que debía conmutar entre 1 e 3 ao accionar un final de carreira. Todo un reto para o que todavía sobraron 10 minutos que nos permitiron gravar o funcionamento dos dispositivos. Un traballo estupendo!
Podedes ver outro vídeo máis na canle de YouTube.
Inversión de xiro dun motor con PICAXE
@s aliumn@s de 4ºA realizaron hoxe en tempo récord un pequeno programa para controlar a inversión de xiro dun motor. A minipráctica consistía en facer que xirara durante 5s en sentido de avance para xirar a continuación no sentido contrario durante 8s. O cartón pegado no eixe do motor permite visualizar mellor o cambio de sentido (como indicador, non é moi elaborado, pero o tempo non dou para máis 🙂 )
Un xogo con Lego para unha tarde de luns
Na clase do luns de robótica construímos e programamos sistemas en lazo pechado que incorporaban un sensor de luz. As instrucións de programación fan que o robot xire ate que atopa unha luz, momento no que avanza en liña recta durante cinco segundos, bucle que se repite ate apagar o robot.
Propuxemos un xogo: levar o robot dende unha marca inicial no taller ao interior dun recadro só coa axuda dunha lanterna. Un cronómetro en marcha situado na PDI debía ser pulsado tras alcanzar o obxectivo. Máis vídeos na canle de YouTube.
Comezamos con PICAXE
@s alumn@s de 4ºA terán que deseñar e contrruír un dispositivo controlado a través de PICAXE como proxecto para esta avaliación. Antes, é necesario entender o funcionamento deste sistema de control e aprender a programalo. Hoxe fixemos a primeira práctica deseñando o circuíto para un semáforo e programando o seu funcionamento:
A luz vermella debía permanecer acendida 5 s, a continuación a luz amarela acenderíase 1 s e para rematar, a luz verde estaría 5 s acendida. Os catro grupos resolveron a práctica correctamente e todavía tivemos tempo para gravar os resultados. Déixovos aquí un dos catro vídeos que tomamos e os outros tres podedes velos na canle de YouTube.
Parabéns a tod@s!!!
Seino, a calidade do vídeo é malísima 😦
E por fin… as fotos do día dos foguetes!
A febre e unha dor de gorxa tremenda non deixaron que hoxe fora ao instituto, así que aproveitei o tempo para facer unha montaxe con algunhas das moitísimas fotos que tiramos o día dos foguetes. Que día!
NOTA: acepto cambios na selección de fotos e música 🙂
http://photopeach.com/public/swf/story.swf
Foguetes de auga (4ºD Ámbito Científico-Técnico) on PhotoPeach




