E un par de vídeos dos vibrobots de 3ºBC…
Vibrobots de 3ºA
Os alumnos de 3ºA xa fixeron os seus vibrobots. Aquí temos tres vídeos do funcionamento dos bichos. Mañán é o turno dos de 3ºBC.
Primeiras fotos dos proxectos de 3º
Xa temos as primeiras fotos do proxecto que estamos a realizar en 3º curso. En particular, foi o grupo laranxa de 3ºBC quen conseguiu ter unha primeira aproximación do que será o pinball final. Polo momento non hai nada montado pero remataron a maioría das pezas que integran o pinball base (están a traballar no deseño dos elementos voluntarios) e quixeron colocalas sobre a base de contraplacado para ver que tal encaixaban. Con todos vós, o resultado:
2º ESO: Lámpadas de incandescencia
Este ano tamén fixemos a minipráctica de deseño e construción de lámpadas de incandescencia con filamentos de nicromo. Nesta ocasión apagamos todas as luces do taller para gravar os vídeos e o resultado foi impresionante, mesmo parece de Halloween 🙂
http://www.blogger.com/img/videoplayer.swf?videoUrl=http%3A%2F%2Fv10.nonxt1.googlevideo.com%2Fvideoplayback%3Fid%3Ddd46f4deb57e2c82%26itag%3D5%26begin%3D0%26len%3D86400000%26app%3Dblogger%26et%3Dplay%26el%3DEMBEDDED%26ip%3D0.0.0.0%26ipbits%3D0%26expire%3D1277615819%26sparams%3Did%252Citag%252Cip%252Cipbits%252Cexpire%26signature%3D83027FC44B9F0BBF193850784E91C96FBA65BD0F.448F31B0E58AF1F67E6A4A5082A4725D8253246A%26key%3Dck1&thumbnailUrl=http%3A%2F%2Fvideo.google.com%2FThumbnailServer2%3Fapp%3Dblogger%26contentid%3Ddd46f4deb57e2c82%26offsetms%3D5000%26itag%3Dw320%26sigh%3DBjPHewMZdzYYKQDqu7eDlFBj5Qk&messagesUrl=video.google.com%2FFlashUiStrings.xlb%3Fframe%3Dflashstrings%26hl%3Den&nogvlm=1
(Tamén en youtube)
E por fin as fotos da exposición!!!
O pasado día 22 de Xuño tivo lugar a IV Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía que este curso contou con 18 proxectos seleccionados. Velaí as fotos dos proxectos participantes…
…e o resultado da votación na que participaron todos os alumnos do instituto:
- Na categoría de 2º de ESO os gañadores foron Daniel, Samuel e Javier de 2ºA co seu detector de metais (proxecto número 6).
- Na categoría de 3º de ESO os gañadores foron Carlos, Bruno e Tania de 3ºC co seu pegatortas (proxecto número 2).
- Na categoría de 4º de ESO os gañadores foron Javier, Diego, Lorena, Celeste, Aitor e Jose de 4ºB co seu garaxe de apertura controlada por ordenador (proxecto número 4).
Moitas gracias a todos os colaboradores que fixeron posible a realización da exposición (mención especial para os alumnos de 2ºC), parabéns a todos os participantes e… BOAS VACACIÓNS!!!
4º ESO: Vídeos dos proxectos
http://www.blogger.com/img/videoplayer.swf?videoUrl=http%3A%2F%2Fv4.nonxt7.googlevideo.com%2Fvideoplayback%3Fid%3D0eb4ff791fd5bd18%26itag%3D5%26begin%3D0%26len%3D86400000%26app%3Dblogger%26et%3Dplay%26el%3DEMBEDDED%26ip%3D0.0.0.0%26ipbits%3D0%26expire%3D1277615815%26sparams%3Did%252Citag%252Cip%252Cipbits%252Cexpire%26signature%3D56637ACF9EF57E01550F740BD562F786BB69C0FA.54701EA1CEF95BBF8FCB3E825BFF589C66ABCEED%26key%3Dck1&thumbnailUrl=http%3A%2F%2Fvideo.google.com%2FThumbnailServer2%3Fapp%3Dblogger%26contentid%3Deb4ff791fd5bd18%26offsetms%3D5000%26itag%3Dw320%26sigh%3Dk7F4jAq8-4kqLa7Qky7wGkEjjrk&messagesUrl=video.google.com%2FFlashUiStrings.xlb%3Fframe%3Dflashstrings%26hl%3Den&nogvlm=1
Os alumn@s de 4ºB remataron os seus proxectos xusto a tempo para a exposición que realizaremos o luns día 22 de Xuño. Neste primeiro vídeo podedes ver a apertura e peche da porta dun garaxe controlada a través do porto paralelo dun ordenador con programación en MSWLogo. Houbo algún que outro problema co complicado circuíto que tiveron que implementar e tamén co axuste do sistema de transmisión, pero nada que Aitor, Celeste, Lorena, Javier, Diego e Jose non puideran solucionar.
http://www.blogger.com/img/videoplayer.swf?videoUrl=http%3A%2F%2Fv21.nonxt6.googlevideo.com%2Fvideoplayback%3Fid%3Da0d8050fc921001a%26itag%3D5%26begin%3D0%26len%3D86400000%26app%3Dblogger%26et%3Dplay%26el%3DEMBEDDED%26ip%3D0.0.0.0%26ipbits%3D0%26expire%3D1277615815%26sparams%3Did%252Citag%252Cip%252Cipbits%252Cexpire%26signature%3D338F11E398529F050395CB166D1A56680500CCF2.49140AA660FE652E51AB25788CD571C1B45DC362%26key%3Dck1&thumbnailUrl=http%3A%2F%2Fvideo.google.com%2FThumbnailServer2%3Fapp%3Dblogger%26contentid%3Da0d8050fc921001a%26offsetms%3D5000%26itag%3Dw320%26sigh%3D-lLe84WZQ_kI6ivqr7q0biZ1-Ic&messagesUrl=video.google.com%2FFlashUiStrings.xlb%3Fframe%3Dflashstrings%26hl%3Den&nogvlm=1
Agora tócalle o turno ao autobús cabledirixido que deseñaron e construíron Raquel, Álvaro, Héctor, Adrián e Sandra (peza imprescindible deste equipo de traballo 🙂 A través do porto paralelo do ordenador controlan o seu funcionamento de maneira que o autobús pode xirar a ambos lados activando o intermitente que corresponda, avanzar, activar a luz de freo e acender as luces de posición. A pesar de empregar un cable bastante longo, á vista do vídeo parece que non é suficiente. Agora teremos que aprender a conducilo! Non vos perdades o seu interior, coidado ate o último detalle.
Estou moi contenta co traballo que fixestes. Parabéns a tod@s!!!
4º ESO: Primeiras fotos dos proxectos!!!!!!
Xa hai un par de semanas que comezamos cos proxectos en 4º B. Trátase de deseñar e construír dispositivos que podan ser controlados a través do porto paralelo dun ordenador.
- O equipo formado por Adrián, Ismael, Sandra, Raquel, Héctor e Álvaro decidiu construír un autobús. O deseño incorpora dous motores, dous intermitentes, dúas luces de posición e dúas luces de freo. O programa realizado en MSWLogo permite activar e desactivar os motores de forma independente, de maneira que o autobús pode avanzar e xirar a esquerda e dereita, poñendo en funcionamento o intermitente que corresponda. Cando o autobús está parado, as luces de freo acéndense e en calquer momento podemos acender ou apagar as luces de posición. O equipo de conexión rematou onte o circuíto dos motores e fixeron con éxito a primeira proba de control dos dispositivos. Aquí tedes unhas fotos deste proxecto:
- O equipo formado por Celeste, Lorena, Aitor, Javier, Diego e Jose decidiu construír un garaxe que funciona do seguinte xeito: unha porta de infravermellos activa a apertura da porta do garaxe á vez que acende a luz do interior. Logo de abrirse totalmente, a porta permanece nesta posición un tempo e inicia de forma automática o movemento para pecharse. Cando está totalmente pechada, a luz do interior apágase. A idea orixinal deste proxecto provén da interesantísima páxina tecnologiafacil.net, se ben fixeron algunha modificación sobre o deseño orixinal e realizaron o seu propio código para o control dos dispositivos. Polo momento están tendo algún problema (non teño ningunha dúbida de que será por pouco tempo) coa montaxe do circuíto, que incorpora un relé para a inversión de xiro do motor e outro actuando como interruptor xeral. Como a intensidade proporcionada polas saídas do porto paralelo non é suficiente para alimentar aos relés, cada un deles precisa dunha etapa de amplificación con transistor e isto está traendo de cabeza ao equipo de conexión 🙂 O equipo de programación xa rematou o código para o control da porta e da luz e axiña comezará co procedemento para ler o receptor de infravermellos. Velaí van unhas fotos deste complicado proxecto:
2º ESO: Fotos do proxecto
Aquí tedes as primeiras fotos do proxecto de 2º de ESO. Trátase dun detector de metais deseñado para localizar moedas nunha praia.














