Todos os alumnos de 2º de ESO construíron a súa propia lámpada de incandescencia empregando un fío de nicromo como filamento. A do vídeo ten o seu dono en 2º B. Funciona ben, verdade?
Aviso: Galería de proxectos
http://www.slideflickr.com/slide/NEmTE69v
Fotos da II Exposición-Concurso. E o gañador é…
http://www.slideflickr.com/slide/NEmTE69v
Hoxe celebramos a II Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza.
Antes de nada, e en nome de todos os profesores do departamento, gustaríame darvos as gracias a todos os alumnos pola vosa participación: gracias polo voso traballo, paciencia explicando os proxectos ao longo de 4 horas, esforzo para montar, atender e recoller a exposición (mención especial para Gonzalo, Borja, Adrián, Felipe, Rubén, Gabriela, Alejandro, Cristina, Iago, Raúl, Jorge,…) e interese por coñecer o traballo dos compañeiros.
E agora os gañadores da vosa votación:
- Gañador de 1º Ciclo: Cartel luminoso 1 (Andrea, Tania, Paula, Leticia de 2º D)
- Gañador de 2º Ciclo: Ponte controlada por ordenador (David, Rubén, Gabriela, Leticia, Borja, Raúl, Adrián de 4º A)
Noraboa a todos!!!
Fotos dos proxectos de 4ºA
Este curso, os alumnos de 4º A están desenvolvendo os seguintes proxectos:
-
Ponte levadiza accionada por motor
-
Faro no que o sistema de iluminación está constituído por un conxunto de LEDs
-
Xogo de mesa que funciona con dado electrónico
En todos os casos os dispositivos están controlados por ordenador a través de programas elaborados polos propios alumnos, que tamén realizaron o deseño e construcción de todos os elementos da maqueta e as conexións dos diferentes dispositivos.
Os proxectos aínda non están rematados pero paga a pena ver un adianto. Noraboa polo traballo!!!
Ponte levadiza accionada por motor


Xogo de mesa con dado electrónico
Galería de proxectos
Nos próximos días colgarei fotos de todos os grupos como anticipo á exposición do día 21 de Xuño.
Proxectos de 4º de ESO
Os alumn@s de 4º de ESO deseñaron e construíron un sistema de semáforos para controlar un cruce. O control realízase a través do porto paralelo dun ordenador e o código que permite o correcto funcionamento dos semáforos tamén o realizaron eles. O traballo foi impresionante e aquí están os resultados:




Proxecto de 3º de ESO: Plataforma móbil
Plataforma móbil-Grupo verde de 3º A
Plataforma móbil-Grupo laranxa de 3º C
Nos próximos días colgarei fotos!!!






































