Comparto a miña ponencia nas xornadas de Arteixo Innovación 2018 do pasado mes de maio.
Comparto a miña ponencia nas xornadas de Arteixo Innovación 2018 do pasado mes de maio.
Comparto un resumo da miña programación que inclúe:
A web educacionplastica.net contén unha boa colección de recursos interactivos. Cos exercicios de vistas o alumnado aprenderá a identificar planta, alzado e perfil de 16 pezas diferentes que se presentan en perspectiva isométrica. A aplicación permite xirar a peza, realizar o trazado das vistas e fotografar a práctica, a fin de que o alumnado poida gardala e remitila para a súa corrección.
Deixo unha recompilación de planos de vivendas para que o alumnado poida practicar o deseño das diferentes instalacións.
Deixo o kahoot que xogamos en 2º da ESO para repasar antes do exame da unidade.
A semana pasada adquirín pintura multisuperficie para o taller.
Debo recoñecer que hai anos era moi reacia a que o alumnado pintara os proxectos polo custo de tempo e cartos que iso implicaba (e porque en moitos casos o resultado era peor que cos materiais á vista).
Pero no mundo real, o aspecto dun produto pode ser o responsable de que escollamos un e non outro de características similares. A elección de cores pode ser importante máis aló do seu valor funcional, e o alumnado debe aprender a tomar decisións tamén neste campo. Por iso xa hai un tempo que decidín integrar a estética no proceso construtivo e penso que foi unha decisión acertada,
Tomando como referencia a folla de proceso cuberta antes de executar a construción, cada grupo decide que pezas se pintan, de que cores e en que momento, sabendo que estas deberán estar listas cando se inicie a montaxe. Cando o alumnado pinta os proxectos aprende a:
A semana pasada comezamos a unidade de estruturas en 2º da ESO!!!
Inicio cada sesión introducindo contidos para a continuación presentar as actividades que deben resolver en Classroom. Isto permíteme coñecer diariamente se o meu alumnado entendeu os conceptos explicados en clase.
Ao termo de cada sesión, é hora de xogos. A recomendación para as próximas semanas é Cargo Bridge, un xogo de construción de pontes no que o deseño das estruturas e a elección dos materiais son clave para acceder ao seguinte nivel.
Cando defino o proxecto da primeira avaliación de 2º da ESO teño en conta que o alumnado non realizou ningún proxecto antes, e por iso opto por propostas bastante pechadas nas que se traballa sobre un deseño dado, e cada grupo pode tomar decisións sobre algúns elementos.
Partimos do suposto de que os comerciantes locais encargan ao alumnado de 2º da ESO o estudo da instalación de toldos nos diferentes establecementos. Cada grupo deberá seguir os pasos necesarios para deseñar unha solución e construíla. Para iso contan cunha documentación moi completa que incorpora unha imaxe do prototipo cos nomes das pezas, un plano, un exercicio para practicar escalas, a folla de proceso para a construción, e a rúbrica que empregarei para avaliar o seu traballo.
Na imaxe pode verse un prototipo realizado con cartón.
Ao final da avaliación, o alumnado terá aprendido a:
Na segunda avaliación será quen de realizar integramente o seu propio deseño a partir dun problema que precisa solución, e unha serie de requisitos.
A unidade de Resolución de Problemas Tecnolóxicos é introdutoria e breve porque os contidos que aborda se traballarán ao longo de todo o curso. O meu alumnado de 2º da ESO terá que realizar un control esta semana, pero antes, repasamos co kahoot que preparei. Esta é a maneira na que xogamos: