Clases de apoio para a proba de acceso a FP

O martes día 25 de Maio comezaremos resolvendo a proba correspondente ao ano 2009 e repasando os contidos relacionados. Nas próximas clases revisaremos todos os exercicios das probas de anos anteriores, cando todavía se avaliaba a tecnoloxía no mesmo exame que as matemáticas.

Xa recompilei para vós todos os exercicios que aparecen en todas as convocatorias desde o ano 2004. O martes pásovos as fotocopias, pero tamén podedes descargalas na sección 3ª AVALIACIÓN deste blog. Vémonos!

3º ESO: Proxecto de fin de curso

Está colgado o guión do proxecto de fin de curso na sección 3ª AVALIACIÓN.

@s alumn@s de 3º terán que deseñar e construír un temporizador que se accione con pulsador e acenda unha lámpada transcorridos 10 segundos. Poden incorporar todos os elementos que consideren oportunos sabendo que valorarei entre outras cuestións, a creatividade no deseño. Poderedes ver os resultados na exposición-concurso que un ano máis realizaremos no mes de Xuño.

Wiki pechada á edición

candadoAcabo de bloquear as páxinas da wiki para a súa avaliación. Podedes acceder á vosa conta e facer uso das utilidades como a mensaxería, pero non editar.
Boa fin de semana!!!

3º ESO: Wikimateriais

Xa está en marcha a wiki de materiais coa que imos traballar ao longo deste mes. Se me enviaches un mail coa túa dirección de gmail, xa tes unha invitación na bandexa de entrada para ser membro da wiki. Sigue as instrucións para rexistrarte e envíame un mail ou pregúntame no instituto se tes algunha dúbida.

3º ESO: Vibrobot

Nesta semana construiremos vibrobots no taller. Podedes ir botándolle un ollo a este vídeo que xa vimos en clase antes das vacacións. O cuestionario deste miniproxecto pode descargarse na sección 3ª AVALIACIÓN.

3º ESO: Código de cores

Algún grupo está a punto de realizar a primeira autoavaliación do tema de electricidade e para iso necesitará ter diante o código de cores das resistencias. Déixovos o cadro coas equivalencias.

3º ESO: Boletín para entregar

alicatesO boletín de mecanismos que teredes que resolver e entregar xa está dispoñible na sección 1ª AVALIACIÓN. Podedes descargalo ou agardar a que volo reparta en clase. A data límite para entregarmo é o 4 de Decembro e despois dese día non o recollerei.

Se tedes dúbidas con algún exercicio, buscádeme no taller 1 ou na sá de profesores durante os recreos.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos