En wwwhat’s new atoparedes unha boa recompilación de aplicacións gratuítas que serven para substituír ás aplicacións de pago que en moitos casos teñen características practicamente idénticas.
Vídeos educativos procedentes de YouTube
Miña irmá faime chegar esta interesante ligazón. En Utubersidad atoparedes unha magnífica selección de vídeos educativos procedentes de YouTube e clasificados por materias.
Bancos de imaxes gratuítas
Imaxes gratuítas para empregar nos teus traballos. Recompilación realizada en wwwhat’s new.
Clases de apoio para a proba de acceso a FP
Xa recompilei para vós todos os exercicios que aparecen en todas as convocatorias desde o ano 2004. O martes pásovos as fotocopias, pero tamén podedes descargalas na sección 3ª AVALIACIÓN deste blog. Vémonos!
3º ESO: Proxecto de fin de curso
Está colgado o guión do proxecto de fin de curso na sección 3ª AVALIACIÓN.
3º ESO: Wikimateriais
3º ESO: Vibrobot
3º ESO: Código de cores

3º ESO: Boletín para entregar
O boletín de mecanismos que teredes que resolver e entregar xa está dispoñible na sección 1ª AVALIACIÓN. Podedes descargalo ou agardar a que volo reparta en clase. A data límite para entregarmo é o 4 de Decembro e despois dese día non o recollerei.
Se tedes dúbidas con algún exercicio, buscádeme no taller 1 ou na sá de profesores durante os recreos.



