Para os que non tedes portátil no instituto e non podedes coller o material da aulateca, xa tedes na sección 2ª AVALIACIÓN o LIM do tema de estruturas: unha boa colección de actividades para traballar esta unidade.
4º Informática: Gimp
Nesta semana comezaremos (por fin!) o tema de tratamento de imaxe. Déixovos unha ligazón moi boa que usaremos en clase.
Aprender a programar con MSWLogo
Unha presentación moi boa para practicar a programación con MSWLogo.
2º ESO: Actualizada a presentación de estruturas
Xa está actualizada a presentación de estruturas na sección 2ª AVALIACIÓN.
4º ESO: Informática
Acabo de colgar na sección 2ª AVALIACIÓN a primeira das prácticas que fixemos acerca da manipulación de imaxes en Writer.






