4º ESO: Control e robótica

control e robotica

Comezamos a segunda avaliación e fixémolo coa unidade 3: Control e Robótica. Na sección 2ª AVALIACIÓN tedes a presentación correspondente en formato pdf. Aínda non está completa pero podedes ir descargando estas diapositivas e xa vos avisarei cando faga algunha actualización.

Este ano utilizaremos por primeira vez os LEGO Mindstorms pero iso será dentro dunha semana. A ver se colgamos entón un vídeo coa nosa experiencia!

2º ESO: Cuestionario do proxecto

Hai xa unhas cinco semanas que comezamos co proxecto en 2º de ESO. Estamos a construír un detector de metais moi similar ao proposto no noso libro de Tecnoloxía (Santillana). Nas próximas semanas colgarei fotos do proceso de construción e mentres vos deixo o cuestionario co que estamos traballando na sección CURSO 2008-09.

Ah, boa fin de semana!!!

2º ESO: Pistola termoencoladora

termoencoladoraOs proxectos de 2º de ESO comezan a coller forma (a ver se nos próximos días colgamos fotos do proceso de construción) e chegou o momento de comezar coa montaxe da estrutura. Como xa sabedes, para utilizar a pistola termoencoladora necesitaredes pasar un exame. A parte teórica consistirá nun test que xa está á vosa disposición na sección CURSO 2008-09 xunto cun pdf no que atoparedes a información para preparalo.

A partir de mañán tamén estará dispoñible na aulateca.

2º ESO: Electricidade

electricidade

Na sección CURSO 2008-09 está dispoñible a primeira parte da presentación Electricidade coa que estamos traballando en clase. Avisarei cando haxa actualizacións. Estade atentos!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos