A través de tecnotic chéganos unha aplicación moi divertida para xogar coas estruturas. Bridge building Game é un xogo no que teremos que construír unha ponte que se axuste aos requisitos de partida que nos den tales como puntos de anclaxe ou presuposto, e soporte o peso do tren que circulará por ela. Fixádevos nas diferentes cores que presentan las barras da estrutura, reflicten a tensión que soporta cada unha delas.
Queda incluída na zona de descargas de software!!!
O importante é falar
Vía What’s New chéganos unha aplicación para crear un chat en cuestión de segundos. Con Talck non tes que rexistrarte, soamente teclear un nome para o teu chat e xa estará dispoñible para ser utilizado. Facilítalle a dirección aos teus amigos e xa teredes un espacio para falar. Como exemplo podedes probar a entrar en
Enerxías renovables
La generación del sol é unha páxina que contén moitísima información acerca das enerxías renovables en xeral e da enerxía solar en particular.
Na sección La escuela del sol e en particular no apartado de Aplicaciones prácticas encontraredes as instrucións necesarias para construír, por exemplo, un reloxo solar.
Fonte: What’s New
A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial
Achégovos o enlace ao 1º premio na modalidade de materiais curriculares web no marco do concurso que anualmente convoca a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Trátase dunha páxina na que se aborda o estudio da auga dende diferentes puntos de vista e se analiza o seu papel na Galicia preindustrial.
Cando rematedes a vosa visita a esta web poderedes comprobar os vosos coñecementos coas actividades que se propoñen.
Noraboa aos creadores deste recurso!!!
Zona de descargas
Como xa comentei, este curso estou de baixa por maternidade e imaxino que non colgarei moito material novo. De todas formas, irei poñendo todo o elaborado o curso anterior para que podades botar man del se é que vos parece interesante. Acabo de colgar un par de boletíns e o guión dunha práctica na zona de descargas.
Tecnoloxia.org
Anímovos a visitar a páxina da profesora de Tecnoloxía María Loureiro. Nela atoparedes material de interese tanto para profes coma para alumnos.








