Queres dividir un pdf, pasalo a outro formato, engadirlle unha marca de auga ou números de páxina? Estas e outras opcións en iLovePDF.
Táboa periódica interactiva
Esta táboa periódica interactiva permite acceder ás propiedades e outra información de interese de cada un dos diferentes elementos. Pero ademais, proporciona exemplos de posibles aplicacións para cada un deles.
Sígueme en Pinterest
Fai clic aquí para acceder aos meus taboleiros de Pinterest.
Sistemas de transmisión con engrenaxes
Non sempre é posible instalar aplicacións nos equipos para traballar contidos concretos, polo que está ben dispoñer de opcións online. Con Gears poderás experimentar con sistemas de transmisión de ate catro engrenaxes, coa posibilidade de modificar o número de dentes de cada roda e a velocidade. Ademais do modo de exploración, dispón de dúas seccións máis nas que o usuario debe responder preguntas acerca dos sistemas simulados en pantalla.
Día da Muller e a Nena na Ciencia
Fai unha proba. Busca imaxes co texto “xoguetes para nenos” (toys for boys) e “xoguetes para nenas “(toys for girls). Vehículos, ferramentas, xogos de construción, bonecos articulados, robots,… para eles, e casiñas, bonecas, cociñas, toucadores, carriños de bebé, kits de maquillaxe… para elas.
As profesoras que traballamos en Ciencia e Tecnoloxía temos unha dobre responsabilidade de cara ás nosas alumnas. Ademais de acompañalas na súa aprendizaxe, debemos facerlles chegar a mensaxe de que esas áreas que dende a primeira infancia semellan estar reservadas para os chicos, tamén nos pertencen a todas nós.
Deixo un vídeo (subtitulado) que me chegou a través doutra profe, a miña amiga Goretti:
Extensión de Scratch para arduino
Scratch para arduino é a extensión en fase de proba que podes atopar en Scratch X e que che permitirá controlar a túa placa de arduino a través do navegador.
Deixo as instrucións para a súa utilización: (fai clic aquí se queres ver a entrada orixinal pero a ligazón para descargar o plugin está rota)
Actualiza Firmata no IDE de arduino
Abre StandardFirmata e cárgao na placa que vaias usar
Descarga o plugin para o navegador
Fai clic aquí para descargar o plugin e execútao para a súa instalación. Este plugin serve para Firefox e en principio, para calquera navegador diferente a Chrome. Existe un plugin para Chrome pero comenta o autor que de momento non funciona correctamente.
Executa a extensión en Firefox
Fai clic aquí para acceder á extensión de Scratch para arduino pero asegúrate de que se abre cun navegador diferente a Chrome, por exemplo, Firefox. Terás que permitir a execución dos plugins.
Se todo é correcto, terás luz verde na sección More Blocks e poderás programar a túa placa de arduino.
Visita o meu blendspace
Blendspace cambiou as direccións de acceso. Fai clic aquí se queres visitar o meu.
Titoriais de arduino
Se queres aprender a controlar dispositivos con arduino e non sabes por onde comezar, podes botarlle un ollo a esta páxina. Contén titoriais de diferentes niveis moi completos e claros.
Éche así
Éche así é o novo programa de divulgación científica que a Televisión de Galicia estreou o pasado 6 de decembro. Non o perdas!!!
Tamén podes acceder aos contidos a través da súa web e da súa canle de YouTube.





