Fai clic aquí para acceder á unidade de control programado.
Reciclar xoguetes
Envíame Marta, profesora do departamento de Lingua Galega e dinamizadora da biblioteca, unha páxina na que atoparedes ideas para reciclar xoguetes. Mil grazas, Marta!!!
Actualización
A unidade do ordenador, de 2º de ESO xa está rematada e lista para descargar. Só tes que facer clic aquí.
Unha axudiña
Podes preguntarme as dúbidas que teñas durante o deseño e realización do teu xogo con GameMaker e tamén consultar este completísimo manual.
E programamos xogando
Con light bot terás que programar o robot para que acenda unha luz sobre cada cadro azul.
Construímos pontes
Terás que construír unha ponte que permita cruzar dun lado ao outro coas limitacións que impón o xogo. Clic aquí para comezar…
PICAXE: primeiras probas
Venres faremos as primeiras probas con PICAXE. Para iso quedaremos en clase e instalaremos o editor de PICAXE e o controlador do cable USB.
Pneumática e Electrónica Dixital
Fai clic aquí para descargar a unidade de pneumática.
Lembra que o último día para entregar os exercicios de electrónica dixital é o venres 18 de Xaneiro. Mañá mércores, no primeiro recreo, estarei no taller 1 por se tes algunha dúbida.








