Google anunciou onte importantes melloras na súa plataforma educativa Classroom. Entre elas, destaca o acceso ás fichas individuais do alumnado dunha clase, o que facilita moitísimo o traballo do profesorado en tarefas como a elaboración de informes de titoría. Tamén será posible reordear as clases e utilizar puntuacións decimais (por fin!).
Distribución da aula
Se xa empezaches a pensar no vindeiro curso e andas a darlle voltas á distribución da aula, esta ligazón interésache. Escolle o número de alumnos que terás en clase e valora as diferentes opcións que che propón ClassroomDeskArrangement para distribuír as mesas.
Proba de acceso aos ciclos de FP
Queres matricularte nas probas de acceso a ciclos de FP? Pasa polo departamento de orientación!
Acceso á convocatoria.
Preparados?
A punto de comezar as clases do curso 2011-12…
Photo credit: mrooczek262 from morguefile.com
