Queres dividir un pdf, pasalo a outro formato, engadirlle unha marca de auga ou números de páxina? Estas e outras opcións en iLovePDF.
Black Menu for Google
Black Menu proporciona todos os servizos de Google a través dun único botón de Chrome. Esta recomendación chega a través de genbeta.
Sígueme en Pinterest
Fai clic aquí para acceder aos meus taboleiros de Pinterest.
Gif animado dun vídeo
Queres facer un gif animado a partir dun vídeo de YouTube?
Escribe gif entre “www.” e “youtube” na URL do vídeo e dálle a ir (ou pulsa enter). Serás redirixido ao editor da web gifyoutube. Escolle o instante do vídeo no que queres comezar o gif e establece a duración (ate 10 s). Fai clic en Create gif e listo!
A imaxe destacada que podes ver neste post está realizada en gifyoutube. Por certo, pertence a un vídeo da canle de Museum of Obsolete Objects, onde podes atopar vídeos acerca do funcionamento de obxectos que xa non usamos.
Convierte cualquier vídeo de YouTube en un GIF animado añadiendo “gif” a la URL.
Distribución da aula
Se xa empezaches a pensar no vindeiro curso e andas a darlle voltas á distribución da aula, esta ligazón interésache. Escolle o número de alumnos que terás en clase e valora as diferentes opcións que che propón ClassroomDeskArrangement para distribuír as mesas.
Caixa de ferramentas
Ferramentas para o ámbito educativo clasificadas por temas.
http://www.enlanubetic.com.es/2014/05/top-100-de-las-herramientas-20-para.html?m=1.
Ferramentas para a clase do revés
Dende The Flipped Classroom nos deixan este poplet cunha boa recompilación de ferramentas para poñer a clase do revés.
http://popplet.com/app/Popplet_Alpha.swf?page_id=1561019&em=1
Convertedor online
Para realizar conversións entre diferentes formatos en arquivos de audio, vídeo, imaxe, ebook,… Non terás que instalar nada porque a conversión é online. Fai clic aquí para ir á utilidade.

