Aplicación da semana: FeedJournal

Hoxe coñecín FeedJournal a través de What’sNew. Trátase dunha aplicación online que permite xerar un xornal en pdf a partir dos feeds das páxinas que escollades (seleccionando cada entrada individualmente). Os que tedes un blog podedes empregalo para enviar periodicamente un boletín aos vosos subscritores.

Aplicación da semana: YouConvertit

youconvertit logo

Son moitas as ocasións nas que temos un arquivo nun determinado formato e necesitamos cambialo. A través de what’s new chéganos esta aplicación online tan completa. Con YouConvertit poderemos:

  • Cambiar o formato dun arquivo e recibir na dirección de correo que indiquemos unha ligazón para descargar o mesmo arquivo co novo formato
  • Realizar a conversión online para vídeos dos que coñezamos a URL ou descargalos directamente
  • Enviar arquivos de ate 1 GB por correo electrónico ao destinatario que escollamos. Esta opción é moi útil cando se trata de arquivos pesados que poderían saturar o buzón de quen os recibe. YouConvertit almacena o noso envío nunha ligazón que é o que recibe o destinatario
  • Realizar cambios de unidades
Ollo, non esquezades pasar o antivirus logo de facer a descarga!!!

Aplicación da semana: ConvertMyTube

convertmytube

Cantas veces queremos facer uso dun vídeo de YouTube e nos vemos limitados pola velocidade da conexión da que dispoñemos! Agora con ConvertMyTube poderemos descargar o vídeo con opción de facelo en diferentes formatos, incluídos o 3gp para móbil e o mp3 para extraer só o audio. A páxina que nos informa desta aplicación é genbeta.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos