Recentemente soubemos que a banda sonora da serie Stranger Things terá unha edición especial en casete.
Sería estupendo reproducir a cinta empregando o elbow pero aínda teremos que agardar até o 2018 para facelo.
Recentemente soubemos que a banda sonora da serie Stranger Things terá unha edición especial en casete.
Sería estupendo reproducir a cinta empregando o elbow pero aínda teremos que agardar até o 2018 para facelo.
Un marcador de libros que ademais é unha fonte de luz.
Podes ver a entrada completa en designboom.
Unha das últimas novidades da app de Classroom para o móbil é a posibilidade de editar as tarefas do noso alumnado pintando directamente sobre elas.
No seguinte gif podes ver como. Visto en Free Technology for Teachers.
Fai clic aquí para acceder aos meus taboleiros de Pinterest.
A semana que vén comezaremos a unidade de estruturas e xa tes os primeiros recursos recollidos no blendspace.
Cada vez que te desprazas co teu móbil no peto, visitas un sitio web, realizas unha consulta ou utilizas unha aplicación conectada coa túa conta de Google, proporcionas información que é almacenada. Queres coñecer que sabe Google de ti? Dende wwwhat’s new explican como facelo.
voulles enviar un dardo aos seguintes blogs:
Aínda a risco de parecer que me acaban de entregar un Oscar 🙂 vou aproveitar a ocasión para dar as gracias a todos os que ledes o Blog de Tecnoloxía pero en especial aos meus alumn@s. Vós sodes o motivo polo que comecei co blog aló no ano 2004. O meu agradecemento tamén aos compañeiros que fan do IES de Pastoriza un lugar tan especial, en particular ás miñas compañeiras de departamento, Ana e Elena, coas que disfruto tanto traballando e das que tanto aprendo. Por último quería agradecer ás persoas que me deron o empurrón que me faltaba para presentar o blog a esta convocatoria 🙂 Gracias a tod@s!!!!!!!!!!!!!!!
Remato facendo chegar os meus parabéns aos demais gañadores. Noraboa!!!!!!!!!