Logo de ver este vídeo, seguro que vos apetece coñecer a resposta: visitade genciencia.
Timelapse II
Acabo de recibir a ligazón (vía Salva) para este timelapse que non podedes deixar de ver.
Geminidas 2009 from Oscar Blanco on Vimeo.
Timelapse
Un timelapse é unha secuencia de vídeo que se reproduce a unha velocidade superior á que foi rexistrada, a fin de poder condensar nun pequeno espazo de tempo acontecementos que tiveron unha maior duración. Pode realizarse simplemente acelerando o vídeo gravado ou ben a partir dunha montaxe de fotografías tomadas a pequenos intervalos.
Hoxe en amazings publican este timelapse que vos recomendo! E se queredes máis, non vos perdades we are all made of stars.
A beleza dos números
Nature by Numbers from Cristóbal Vila on Vimeo.
E haberá quen diga que as matemáticas non están presentes na natureza! Compartido do taboleiro de Astronomía na Beirarrúa.
Motor Stirling con material de refugallo
Boísimo vídeo dun motor Stirling, construído con material de refugallo, en funcionamento. Máis información na páxina de orixe. Envío de Suso. Grazas!!!
Gravamos as lámpadas de incandescencia
Estás en 2ºC?
Remataches a práctica da lámpada de incandescencia?
Queres que a gravemos en funcionamento para subila á canle de YouTube?
Vén o martes día 9 ao taller 1 no primeiro recreo!!!
Efectos encadeados que paga a pena ver
Grazas polo envío, Salva!
Unha visita polo taller de Tecno
Apetécevos unha visita polo taller de tecnoloxía?
Cada clase está dividida en grupos, e cada grupo dispón dun espazo para traballar nas clases de teoría, dun panel de ferramentas do que é responsable e dunha caixa para gardar o seu proxecto. Ademais contamos con mesas e bancos de traballo, ferramentas de uso común,… Proximamente, os paneis rosa e branco.
Vídeos das lámpadas
Photo credit: imelenchon from morguefile.com
Gustaríavos ensinar na casa como funcionan as lámpadas que fixestes no taller? Pasádevos un recreo e gravámolas en vídeo para a canle de YouTube.
