Hologramas 3D

Esta fin de semana regaláronme un dispositico que serve para xerar hologramas 3D de forma instantánea (grazas!!!). Déixovos o vídeo para que vexades o efecto. Síntoo, a calidade de gravación podía ser mellor, pero empreguei o móbil, unha ferramenta de traballo que sempre levo comigo.

Desatención

A finais de Agosto publiquei unha entrada na que falaba de maxia e neurociencia, un pequeno resumo dunha interesante edición do programa Redes presentado por Eduard Punset. Nel facía referencia á cegueira por desantención exemplificada a través dun vídeo que naquel momento non puiden incrustar. Aquí está o vídeo! Tratade de contar cantos pases realiza o equipo branco… e sorprendédevos!

Sobrevoando Marte

Imaxinade que puidésedes sobrevoar Marte  a pouca distancia da súa superficie… Veriades algo moi semellante a este vídeo que acaba de enviarme o meu amigo Salva e que está xerado usando datos reais tomados pola cámara HIRISE a bordo do Mars Reconnaissance Orbiter. Impresionante, verdade?

Non tiredes nada!!!

O cargador dun móbil vello é unha fonte de tensión, o pau dun chupa pódese utilizar para conectar unha engrenaxe co eixo dun motor, o taṕon dunha botella de leite pode ser unha boa roda e o vaso de vidro dun iogur pode empregarse para construír unha lámpada de incandescencia.

Para que os alumnos saiban que todo o material do taller se reutiliza, o último que facemos cando o curso está para rematar é desmontar os proxectos con eles para recuperar todos os compoñentes. Sempre gardamos proxecto algún para amosallelo aos alumnos dos cursos seguintes, pero a filosofía do taller de Tecno é reutilizar.compoñentes

Este curso pasado foi complicado no departamento e Xuño chegou “antes do que agardabamos” polo que non puidemos facer este exercicio cos alumnos.

Hoxe comecei a desmontar proxectos e este era o aspecto que tiña unha das mesas do taller nun momento. E podo asegurarvos que é só unha pequena parte! Ademais, logo de desmontar vén o de clasificar para poñer cada cousa no seu sitio.

Non pensedes que me queixo, pásoo xenial cun desaparafusador na man 🙂

PICAXE: primeiras probas en vídeo

Este curso creo que vou ter docencia en 4º e por primeira vez traballarei con PICAXE. Ate agora sempre fixera control programado a través do porto paralelo dun ordenador, activando e desactivando pines directamente, o que nos permitía o control de dispositivos.

Así construímos un autobús cabledirixido ou un sistema de semáforos, pero cada vez hai menos ordenadores con porto paralelo e tamén con W98, que é o que se precisa para poder controlar o porto con MSWLogo sen ter que parchear.

PICAXE ten moitísimas vantaxes e unha delas é o baixo custo, polo que partindo de cero, mercamos un kit para facer as primeiras probas na casa. Acabo de subir á canle de YouTube unha delas na que se controla a frecuencia de emisión dun altofalante (dun xoguete caseiro que pasou a mellor vida) cun divisor de tensión constituído por LDR.

Ver  vídeo.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos