Aviso: Canle de YouTube

Estou facendo modificacións na canle de YouTube asociada a este blog, así que é posible que estes días non che carguen os vídeos e mesmo desaparezan das entradas antigas. Grazas pola túa paciencia!

Práctica 19: Photopeach

Emprega a aplicación photopeach para realizar unha montaxe con fotos (falaremos en clase sobre o tema). Requisitos:

  • Utiliza como mínimo 10 fotos (propias ou non)
  • Escribe texto en cada unha delas
  • Pon título á montaxe
  • Escolle música de fondo

Sube o resultado ao teu blog!

 

 

Biblioteca + Tecnoloxía

Este curso repetimos a experiencia de colaboración coa biblioteca do instituto. Marta, a dinamizadora da biblioteca, indicoulles aos alumn@s de 2º de ESO as características dos suxeitalibros que precisaba e estes realizaron diferentes deseños que unha vez construídos, poden verse nos andeis. No seguinte vídeo, os traballos de 2ºD.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos