Nos próximos días subirei o resto dos vídeos á canle de YouTube do blog. Mentres tanto, aquí vai o primeiro!
Draw (III)
Realiza o exercicio proposto coa axuda do seguinte videotitorial. Avísame cando remates.
Padlet
Emprega a aplicación padlet para explicar a historia de internet. Primeiro terás que ver o vídeo do post anterior e o seguinte videotitorial.
Draw (II)
Aprende a alinear obxectos e cambiar a súa disposición a partir do seguinte videotitorial e realiza este exercicio. Avísame cando remates.
CKEditor
Consulta o videotitorial e realiza a tarefa en CKEditor.
Debes colgar no teu blog unha entrada que leve por título CKEditor. O contido será o teu horario de clase realizado co CKEditor e cos seguintes requisitos:
- Terá o formato dunha táboa
- Cada asignatura aparecerá cunha cor diferente
- Os días da semana estarán en maiúsculas e negrita
- As horas estarán en negrita
- Todos os textos aparecerán centrados vertical e horizontalmente
Murally
Continuamos traballando na publicación de contidos de diferentes maneiras e nesta ocasión empregaremos murally para realizar a seguinte tarefa. En que consiste? Terás que ver o videotitorial que vén a continuación…
Publica a tarefa co título Murally.
Screencast-o-matic
Realiza un videotitorial (como mínimo 3 minutos de duración) sobre a aplicación que desexes, descarga o vídeo e publícao nunha entrada que leve por título Screencast-o-matic.
GoAnimate 2
Se xa remataches a práctica anterior, tócache crear unha historia de amor. Escolle escenario, personaxes e cumpre os requisitos:
- A historia debe ser coherente
- Como mínimo debe ter dous personaxes
- Debe incluír un mínimo de seis escenas con voz (tamén pode incluír escenas sen voz a maiores)
- Debe incluír música de fondo en todas ou algunha das escenas
- Debe incluír como mínimo un obxecto que un dos personaxes debe soster na man nalgunha escena
- Debe incluír como mínimo un efecto
- Cando remates, incrusta o GoAnimate no teu blog e ponlle como título GoAnimate 2
Lembra que un vídeo gardado pode ser editado de novo!!!