Tedes unha estrela que podedes mover e a gravedade fai que os planetas describan órbitas arredor dela. Onde tedes que situala? Os planetas non poden saír de pantalla, non poden chocar entre eles e tampouco coa vosa estrela. Por suposto, tamén interaccionan entre eles 🙂
No mes de Abril Jorge Gómez, profesor de tecnoloxía en Compostela, publicaba no seu blog unha entrada onde nos relataba as características do seu primeiro ordenador, un Commodore 64. Lembro que cando o lin entón pensei en realizar o mesmo exercicio de nostalxia…
A principios dos anos 80 o ordenador doméstico máis vendido era o Spectrum, e por tanto tamén o que ofrecía máis posibilidades á hora de conseguir e intercambiar xogos. Meus irmáns e eu nos puxeramos de acordo para pedilo por Reis ate que coñecimos os MSX, un estándar que aseguraba a compatibilidade mesmo entre ordenadores de diferentes marcas. Así foi como escollimos o Hit Bit de Sony.
Mercámolo nunha tenda distribuidora de Sony que xa non existe e custou arredor de 60000 pesetas (uns 360 €) que era moito diñeiro naquel momento. Cando chegabas a casa e abrías a caixa, o único que atopabas era o que podedes ver na imaxe: un teclado con dúas fendas de entrada para cartuchos de memoria e 16 KB de memoria RAM. Xa vedes, nin rato nin monitor, había que conectalo ao televisor cun cable coaxial.
Algúns modelos doutras marcas incorporaban un reprodutor de cintas magnéticas que permitía cargar información no equipo e tamén gardala, pois non había nada parecido a un disco duro. O Hit Bit, non pero sempre podías conectarlle un radiocasete mono que tiveras por casa.
Desde a perspectiva actual os xogos resultan moi simples, pero naqueles tempos nos parecían absolutamente xeniais. Tiñamos tres posibilidades para conseguilos:
Mercar un cartucho que podías cambiar sempre que quixeras por calquera dos que había dispoñibles na tenda onde adquirimos o ordenador.
Gravar xogos nunha cinta e cargalos no ordenador coa axuda dun radiocasete e un pouco de paciencia (tardaban varios minutos).
Mercar unha revista especializada e teclear por turnos as interminables liñas de código (sempre cruzabamos os dedos para que o ordenador non se apagara sen ter gravado antes nunha casete). Así foi como conseguimos, por exemplo, unha versión moi básica do Arkanoid.
O noso xogo favorito era o Athletic Land. Tamén estaban o Hero, o Nemesis ou o Penguin Adventure, pero o Athletic Land foi o que máis tempo tivemos na casa antes de cambialo finalmente na tenda.
Se queredes probar este xogo e outros, podedes botarlle un ollo a JuegoTK, que ofrece a posibilidade de xogar online. Eu xa estiven recordando tempos…
Pasados xa os exames da 2ª avaliación, chegou o momento de relaxarse un pouco cun xogo. Sodes suficientemente rápidos co teclado? Con typing chef teredes a resposta…
Xa sei que este ano teño totalmente aparcada a sección da aplicación da semana, pero é que o tempo non dá para máis. Así que para compensar un pouco, vouvos facer tres recomendacións para que vos relaxedes entre exame e exame:
Unha aplicación para crear online fondos de escritorio: x3studios
Unha aplicación para recortar vídeos de YouTube: TubeChop
A través de tecnotic.com souben deste xogo de efectos encadeados. En Solid Edge teredes que realizar os axustes oportunos para sacar o patinete do garaxe.
Esta é a última aplicación da semana do mes de Maio e tamén deste curso. En Setembro reabriremos a sección!!!
¿Sabedes realizar unha busca en internet de forma efectiva? Animádevos a probar o xogo máis difícil do mundo, unha serie de enigmas encadeados para os que contades con google como única ferramenta. Cada nivel vén acompañado de dúas pistas: un texto e unha imaxe. Escribindo a resposta correcta na caixa e premendo no botón Acceder pasaredes ao seguinte nivel.
A resposta debe escribirse en minúsculas, sin tildes e con espacios no caso de ser máis de unha palabra. Sorte!!!
Con Magic Pen teredes que debuxar obxectos que permitan levar a bola vermella ate a bandeira. Moi entretido! Gracias á sección de xogos de microsiervos.
Mañán non temos clase en Pastoriza, así que podedes aproveitar para probar a aplicación desta semana. Microsiervos presenta sempre interesantes propostas e esta nos vén da súa sección de xogos. En Moebius Syndrome teredes que xirar as diferentes pezas para crear bucles pechados que desaparecerán. Coidado, o número de pezas aumenta, e aumenta, e aumenta…