Agardo que tiverades unhas boas vacacións e que veñades descansados e coas ganas que require a terceira avaliación. Esta semana propóñovos un xogo de lóxica que nos chega a través de microsiervos. En Open Doors 2 teredes que utilizar os cursores para levar o cadrado vermello ate o xe vermello tamén. Coidado, as portas ábrense e péchanse co movemento do cadrado, pero case nunca como quixeramos 🙂
Aplicación da semana: Lemmings
Lemmings é un clásico nos xogos de estratexia. En cada nivel teremos que salvar un número determinado destes pequenos seres empregando as diferentes habilidades dispoñibles. O escenario e a resolución complícanse cada vez que superemos un nivel. Seredes capaces de levar aos lemmings a casa???
4º ESO: Binary Game
Buscando un xogo que permitira practicar o paso binariodecimal atopei unha referencia en tecnotic con moi boa pinta. Binary Game é unha especie de tetris no que podedes eliminar filas dando coa combinación de 1s e 0s axeitada. Botádelle un ollo e me contades!
Aplicación da semana: White Jigsaw
Hoxe vin en microsiervos este orixinal xogo. White Jigsaw é un crebacabezas totalmente en branco que comeza cunha sinxela distribución de 4×3 pezas. O xogo irá complicándose cada vez que rematemos un crebacabezas. Aplicación da semana: Keyboard Game
Queredes mellorar a vosa velocidade tecleando? En tecnotic nos propoñen Keyboard Game, un sinxelo xogo online no que teremos que premer a tecla que aparece recadrada en vermello para anotar un punto. Soamente teremos 30 segundos para demostrar o noso coñecemento do teclado e cada vez que nos equivoquemos, restaremos un punto do noso marcador.
Aplicación da semana: Auditorium
A semana pasada atopei en what’s new un xogo de luz e música chamado Auditorium. O autor deste blog referíase a esta aplicación como unha das experiencias máis relaxantes que tivera en moito tempo e teño que dicir que concordo con el 🙂
En Auditorium teredes que dirixir os feixes de luz para que activen os centros responsables de emitir música. Para comezar, teredes que facer clic na pantalla principal. Disfrutádeo!!!
Aplicación da semana: Hapland
Esta semana propóñovos un xogo de estratexia dos difíciles. Hapland é un clásico que ten segunda, e ate onde eu sei, terceira parte. Pero comecemos polo principio: movede o rato polo escenario na percura de obxectos activos e ideade unha estratexia para acender todos os fachos que se atopan nas entradas da edificación.
Se conseguides o obxectivo, facede unha captura e enviádema!!! Ah, unha vez máis este xogo nos chega a través de tecnotic.
Aplicación da semana: Confusebox
Esta semana preséntovos un xogo no que teredes que realizar as conexións necesarias para que todas as bombillas estén acesas. Non é tarefa fácil!
Unha vez máis dar as gracias a tecnotic por estas ligazóns tan boas.







