Xogos de verán: Paint Ball

captura do xogo paint ball

Serás capaz de levar a bola ate o cadrado vermello??? Debuxa co rato as liñas que necesites para facer rebotar a bola axeitadamente. Pulsa Go a continuación para comprobar se funciona e se queres borrar as liñas pintadas, pulsa Clear.
Proba o Paint Ball!!!

Xogamos a LEGO?

construcion feita con lego

BlockCAD é unha aplicación freeware fácil de manexar e cun montón de posibilidades para deseñar edificios, vehículos, estacións espaciais e todo o que se vos ocurra con bloques de LEGO. Descargádeo aquí
E tamén podedes botarlle un ollo aos deseños doutros usuarios: Galería

Xogando coas estructuras

frontal da aplicacion armadillo run


Propóñovos un xogo divertido para aprender a deseñar estructuras.

No ArmadilloRun, tedes que construír unha estructura que vos permita levar ao armadillo do punto de partida ao punto final.

Logo de realizar un pequeno titorial, comezaredes a resolver os diferentes problemas que se vos prantexan pero coidado, non se trata soamente de resolver, senón de facelo co menor custo posible!

Colocade tirantes, barras, plataformas de metal e tiras de tea para levar ao armadillo ate o círculo azul. Boa sorte!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos