Máis descargas

Na sección CURSO 2008-09 tedes dúas novas presentacións para descargar:
  • A tecnoloxía é fantástica: traballaremos con ela nos próximos días
  • Electrónica: a primeira das unidades para os alumnos de 4º B

Material para descargar

Deixo na sección CURSO 2008-09 as presentacións que vimos hoxe ao longo do día:
  • 2ºA: Presentación do curso
  • 4ºB: Presentación do curso
  • 4ºD: Presentación do curso

Comezamos!!!

caderno feito con circuitos impresos

Mañán comezaremos as clases de Tecnoloxía do curso 2008-09 e quero facelo dándovos a benvida a tod@s pero en especial aos alumn@s de 2ºA, 2ºB, 4ºB e 4ºD de Informática, pois compartiremos moitas horas de aquí a Xuño 🙂

Exame de Setembro

lapis de cores

Ben certo é que todo o bon remata. As vacacións de verán chegaron ao seu fin, o curso 2008-09 comezará dentro duns días e algúns de vós todavía tedes que facer exames de recuperación. Para os que teñades que examinarvos de Tecnoloxía, sabede que a proba será o martes 2 de Setembro ás 12:20 horas. Estaremos na sá de usos múltiples e nas aulas de 3ºA e 3ºB.

Pizarra online

esquema realizado coa pizarra dixital

A través de Genbeta chéganos Dabbleboard, unha pizarra online colaborativa de fácil uso e con opcións tan interesantes coma a de identificación automática de figuras trazadas a man alzada.
Compartide as vosas pizarras e desfrutade desta aplicación!!!

Fontes gratis

diferentes tipos de letra

Hai ocasións nas que buscamos un tipo de letra especial e diferente para a realización dalgún traballo. A través de what’s new souben desta páxina onde atoparedes case 9000 fontes para descargar. Podedes escribir o texto que desexedes para comprobar como queda antes de realizar a descarga.

Como se instalan? Unha vez escollida a fonte, facede clic en download e descargade o arquivo correspondente, que probablemente terá a extensión .zip
Pasade o antivirus polo arquivo e descomprimide usando por exemplo o IZArc. Buscade a continuación o arquivo coa extensión .TTF e copiádeo. Soamente falta pegalo en c:WINDOWSFonts
A seguinte vez que abrades o OpenOffice, teredes dispoñible a fonte que acabades de instalar.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos