De cando non existía a asignatura de Tecnoloxía

portada do libro Como hacer juguetes que funcionan

A introdución da asignatura de Tecnoloxía no sistema educativo español é moi recente pero para os que sempre tivemos certas inquietudes, existían cando eu era pequena libros estupendos como os da serie Cómo hacer (todavía teño algún por casa 🙂

Dende a páxina para que no se olviden púxose en marcha un proxecto para preservar moitos daqueles libros que con toda seguridade xa hai anos que están descatalogados. Podedes botarlles un ollo…

Consellos ecolóxicos

logo da web ecomicrosiervos

O uso racional da tecnoloxía é un asunto moi importante no que todos temos moito que aprender. En ecomicrosiervos atoparedes case diariamente consellos para optimizar os recursos e poñer o noso gran de area no aforro de enerxía.

Contrasinais seguros

cadeado sobre circuito impreso

Un contrasinal (password) é unha cadea de caracteres, non necesariamente letras, que permite o acceso dun usuario a un determinado servicio. Un blog, unha conta de correo ou o inicio de sesión no voso ordenador, requiren da introducción dun contrasinal.

Seguro que sabedes que hai contrasinais con diferente nivel de seguridade. Por exemplo, debemos evitar aqueles que estén relacionados con un, tal é o caso dos apelidos ou o DNI. Tamén hai determinadas secuencias moi apetecibles do tipo 1234 ou password, como nos relata Jorge Gómez no seu blog. Estas resultan fáciles de lembrar… para todo o mundo e por iso son pouco aconsellables.

Debedes saber que a introducción de símbolos especiais nos vosos contrasinais incrementan a súa seguridade e o número de caracteres que empreguedes é outro factor determinante.

A aplicación Password.es que nos chega vía What’s New serve para xerar contrasinais co nivel de seguridade que demande cada usuario.

Procurade cambiar os vosos passwords con certa frecuencia e se non se vos ocurre ningún, probade esta aplicación!

Onde está???

vista do ies de pastoriza

A aplicación PlaceSpotting é un xogo baseado en Google map na que cada usuario propón unha imaxe dun lugar real en calquera parte do mundo para ser localizado a partir dunha serie de pistas.

Teredes que movervos no mapa arrastrando e aplicando zoom ate dar co lugar preciso. Probade a solucionar algunha das propostas ou a crear unha nova. Cal é a da imaxe???

10000 visitas!!!

contador do blog con 10000 visitas

No ano 2004 estaba interesada en aplicacións que permitiran a creación se sitios web de forma rápida e sinxela con vistas a traballar cos alumnos de 3º de ESO. Souben entón de algo chamado blog e me pareceu unha proposta moi interesante. Logo de revisar os sitios que permitían edición e aloxamento gratis, decanteime por Blogger. Naquel momento todas as instruccións estaban en Inglés, así que o primeiro que fixen foi crear o meu blog para colgar un post explicándolles en Galego aos alumnos como darse de alta. A continuación empreguei o blog para colgar os diferentes exercicios que realizamos na aula de informática e tamén para enlazar os blogs que ían creando os chicos (a maioría destes posts non existen xa).

Comecei a usar o blog cada vez para máis cousas. Se aloxaba o material que usaba nas clases nun servidor e o enlazaba dende o blog, os meus alumnos poderían baixalo. Así que colguei presentacións, boletíns de exercicios, guións de prácticas,… Tamén comecei a postear todos os avisos que daba na clase como datas de exames ou visitas a realizar. As páxinas que visitabamos na clase tamén apareceron no blog como recomendacións e os programas gratuítos que empregabamos, podían descargarse dende el.

A utilización do blog como recurso foi cobrando cada vez máis importancia para min e actualmente é unha ferramenta imprescindible no meu traballo docente.

Haberá cousa de dous anos que incluín un contador para ter unha idea da repercusión que estaba a ter e hai uns días que chegamos á 10000 visitas!!! Agardo que sigades disfrutando co meu blog tanto coma eu. Gracias por visitarme!!!!!!!!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos