Exame de Setembro

monigote vestido con toga escribindo O exame de Tecnoloxía de Setembro será o día 4 ás 12:20 horas. Lembrade que non é obrigatorio entregar os traballos de recuperación pero si moi aconsellable, pois farán media coa nota do exame.

Fotos da II Exposición-Concurso. E o gañador é…

http://www.slideflickr.com/slide/NEmTE69v

Hoxe celebramos a II Exposición-Concurso de Proxectos de Tecnoloxía no IES de Pastoriza.

Antes de nada, e en nome de todos os profesores do departamento, gustaríame darvos as gracias a todos os alumnos pola vosa participación: gracias polo voso traballo, paciencia explicando os proxectos ao longo de 4 horas, esforzo para montar, atender e recoller a exposición (mención especial para Gonzalo, Borja, Adrián, Felipe, Rubén, Gabriela, Alejandro, Cristina, Iago, Raúl, Jorge,…) e interese por coñecer o traballo dos compañeiros.

E agora os gañadores da vosa votación:

  • Gañador de 1º Ciclo: Cartel luminoso 1 (Andrea, Tania, Paula, Leticia de 2º D)
  • Gañador de 2º Ciclo: Ponte controlada por ordenador (David, Rubén, Gabriela, Leticia, Borja, Raúl, Adrián de 4º A)

Noraboa a todos!!!

Dúas recomendacións

Na zona de recomendacións no instituto tedes dous novos enlaces interesantes: o blog de Radio Furoca, un blog creado para publicar información relacionada coa nosa radio, e Caixón de Xastre, un blog creado por Jose Luis Iglesias para explorar cos alumnos de 2º da ESO o mundo das matemáticas.

4º ESO: Apuntes e boletíns

rede de ordenadores en bus Xa tedes na zona de descargas de 4º a presentación da unidade 8: Tecnoloxías da Comunicación e tamén os dous boletíns correspondentes a esta unidade.

Lembrade que o exame será o mércores 6 de Xuño.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos