Na zona de descargas de documentos tedes todas as diapositivas da unidade 1: Electrónica.
Museos da Ciencia e Planetarios
http://www.deciencias.net/centros/index.htm
Un par de enlaces para localizar as webs de museos da ciencia e planetarios de toda España.
“Redecorando” o blog
Non estades nunha páxina equivocada!!! Segue a ser o meu blog de tecnoloxía pero con novo aspecto para comezar o curso 2006-07.
Fotos no Centro Cívico
Se queredes ver as fotos de todas as actividades que fixemos ao longo da mañán que pasamos no Centro Cívico de Arteixo, facede clic aquí:
Fotos de mbegonapc.
Galería de proxectos
Fotos tomadas en 3º A durante unha sesión de taller. Están construíndo sensores de temperatura e de luz como proxecto de fin de curso. O deseño tanto da carcasa do dispositivo coma do circuíto é responsabilidade dos alumnos.
Nos próximos días colgarei fotos de todos os grupos como anticipo á exposición do día 21 de Xuño.
Exposición de proxectos
O día 21 de Xuño expoñeremos no Centro Cívico de Arteixo os proxectos de Tecnoloxía que realizastes ao longo deste curso. Felicitacións polo bo traballo!!!
Recuperación de 1º C
O luns día 12 de Xuño teremos o exame de recuperación en 1º C. A continuación tedes a relación de alumnos que se teñen que presentar:
-
Angélica: unidades 1 e 2
-
Noelia N.: unidades 4 e 5
-
Borja: unidades 1, 2, 3 e 4
-
Antonio: unidades 1, 2 e 4
Unidades
-
Unidade 1: Tecnoloxía e método de proxectos
-
Unidade 2: Estructuras
-
Unidade 3: Informática
-
Unidade 4: Materiais
-
Unidade 5: Electricidade






















