
Proxecto de 3º de ESO: Plataforma móbil
¿Queredes ver os proxectos de 3º de ESO en funcionamento? Aquí tedes dous vídeos pero tomádeo con paciencia pois teñen un tamaño en torno aos 10 Mb.
Plataforma móbil-Grupo verde de 3º A
Plataforma móbil-Grupo laranxa de 3º C
Nos próximos días colgarei fotos!!!
Proxecto de 3º de ESO
¿Queredes ver un dos proxectos de 3º de ESO en funcionamento? Aquí tedes un pequeno adianto. Trátase dun vídeo do proxecto do grupo laranxa de 3º C. Está tomado cun móbil, por iso a calidade non é moi boa, pero tentarei solucionar isto proximamente.
3º ESO: Enlaces sobre enerxía
Nesta dirección tedes unha lista de enlaces sobre enerxía que podedes utilizar para o traballo das centrais eléctricas. Son especialmente interesantes as páxinas http://www.unesa.es/ e http://www.inega.es/ .
Se tedes calquera dúbida, preguntádeme!!!
Lembrade que o prazo de entrega dos traballos é:
- xoves día 2 de Febreiro para 3º C e 3º D
- venres día 3 de Febreiro para 3º A e 3º B
3º de ESO: Boletín de exercicios
Lembrade que ao longo desta semana tedes que entregarme o boletín de exercicios correspondente á unidade 3: A enerxía e as súas transformacións.
MSWLogo para descargar
Os alumnos de 4º de ESO (e tamén doutros cursos se vos animades) xa podedes baixar o MSWLogo dende a zona de descargas. Nesta semana comezaremos as prácticas de programación en linguaxe LOGO na aula de informática. Xa vos avisarei!

Prácticas de Electrónica Dixital
Xa tedes na zona de descargas os guións das últimas dúas prácticas de electrónica dixital que fixemos en 4º A-B.
Boletíns de recuperación
A data límite para entregar os boletíns de recuperación é:
- Mércores 30 de Novembro para 4º C-D.
- Venres 2 de Decembro para 4º A-B.
- Mércores 7 de Decembro para 3º ESO.
Non recollerei boletíns fóra de prazo.














