Visto en microsiervos.
As estruturas
A semana que vén comezaremos a unidade de estruturas e xa tes os primeiros recursos recollidos no blendspace.
2ºB, C, D: Remataches as prácticas?
Remataches as prácticas de manexo de ferramentas? Se necesitas máis tempo podes vir mañá ao taller no segundo recreo.
Máquina de Ruber Goldberg
Podes realizar unha tarefa de forma sinxela ou facelo ao modo dos cómics que debuxaba Rube Goldberg a principios do século pasado. Dende entón, o termo máquina de Ruber Goldberg é usado para referirse a un dispositivo que realiza unha tarefa simple dunha maneira moi complexa, xeralmente empregando efectos encadeados e incorporando un mínimo de 10 pasos.
Boa fin de semana!
Recursos para a unidade
Deixo a ligazón ao blendspace da unidade de resolución de problemas tecnolóxicos. Irei engadindo máis recursos segundo vaiamos avanzando.
Código de cores
Con este videotitorial podes aprender a determinar o valor dunha resistencia a partir do código de cores.
Recursos para clase
Deixo a ligazón ao meu Blendspace por se queredes acceder dende fóra de Edmodo. Alí irei recompilando os diferentes materiais que vaiamos utilizando en clase.
Que sabe Google de ti?
Cada vez que te desprazas co teu móbil no peto, visitas un sitio web, realizas unha consulta ou utilizas unha aplicación conectada coa túa conta de Google, proporcionas información que é almacenada. Queres coñecer que sabe Google de ti? Dende wwwhat’s new explican como facelo.
Impresión 3D con vidro
A impresión 3D permite a fabricación de obxectos baixo demanda nos máis diversos materiais: cemento para edificación, plásticos con diferentes propiedades e mesmo extrusión de alimentos. Agora tamén é posible con vidro.
Un filtro para o ordenador
Hai uns meses recomendaba a utilización de filtros en dispositivos móbiles como smartphones e tablets. Hoxe deixo un filtro que podes instalar no teu ordenador para minimizar a exposición á luz azul se pensas utilizalo pola noite. Os teus ollos agradecerancho e os teus ritmos de sono, tamén.