O Clube de Informática do instituto estrea blog. Podedes deixar comentarios nas entradas xa publicadas ou enviar consultas á direccion de correo electrónico que atoparedes no blog.
Enlaces de interese: Calibre virtual
Para aprender o manexo dun calibre e facer prácticas de medida de exteriores, interiores e profundidades. O simulador dispón de seis calibres diferentes e opción de test.
http://www.educaplus.org/modules/wfsection/article.php?articleid=18
Enlaces de interese: Sotavento
Páxina do parque eólico experimental Sotavento. Moi interesante e completa. Non vos perdades o apartado Sabía vostede que (pinchade na frecha verde para acceder a toda a información publicada).
Enlaces de interese: Buscadores
Enlace aos principais buscadores temáticos proporcionado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Como acceder a un blog
Podemos acceder a un blog de dúas formas:
-
Como usuario: poderemos deixar comentarios se o autor ten activada esta opción pero non poderemos facer ningunha outra modificación. Para acceder como usuario soamente hai que teclear a dirección do blog (por exemplo, http://tecnoloxia.blogspot.com).
-
Como administrador: poderemos colgar artigos, dar permisos de acceso e en xeral, facer todo tipo de modificacións no formato do blog (por exemplo, engadir enlaces, cambiar o título, inserir imaxes,…).
¿Como acceder como administrador?Entramos na páxina principal de blogger:http://www.blogger.com/start e cubrimos os campos que aparecen na parte superior dereita da ventá:
-
Nombre de usuario: nome co que estades rexistrados en blogger.
-
Contraseña: contrasinal escollido ao dar de alta o blog.
NOTA: non confundades estes campos cos da conta de correo electrónico, onde tamén hai un nome de usuario e un contrasinal.
A continuación, facemos clic en REGISTRARSE.


