Dende Edutopia propóñennos unha lista con 13 expresións que xs profes deberiamos evitar durante as clases. Estaría ben comezar o curso co propósito de transmitir a información de maneira máis positiva.
Reciclaxe de trebellos
Gústache darlle unha segunda vida aos obxectos? Podes botarlle un ollo a este taboleiro de pinterest.
Imaxe residual negativa
Probablemente xa viches este efecto en prensa. Se non é así, fai clic no título desta entrada para ver a imaxe máis grande e segue as instrucións:
- Mira fixamente o punto branco que ten a muller no nariz polo menos durante 15 s.
- A continuación mira a área branca que hai á dereita da imaxe.
Sorprendente, verdade?
Os teus fotorreceptores satúranse mentres estás ollando para a imaxe da muller e tardarán un tempo (apenas segundos) en voltar ao estado non estimulado. Por iso cando pousas a vista na área branca só resultan estimulados os fotorreceptores que non se saturaron e iso fai que vexas a imaxe inicial en negativo.
Podes probar tamén con este outro exemplo.
Os móbiles nas aulas
Na liña dos que pensamos que prohibir é renunciar a educar, déixovos dúas interesantes revisións a cargo de Jordi Martí (xarxatic) e Enrique Dans.
A tecnoloxía nas aulas
Interesante infografía publicada en The Flipped Classroom.
Coche cabledirixido
Traballo realizado por Natalia, Paula, Andrea e Micaela de 2ºD. Fai clic no título para ver o vídeo do funcionamento.
Motor simple de corrente contínua
Fai clic no título da entrada para acceder ao vídeo.
Probas de acceso a FP
Máis información facendo clic aquí.
Secuencia 0-9 con PICAXE
Secuencia 0-9 controlada cun PICAXE.
Fai clic nesta entrada para ver o vídeo.